Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “Elisa Cortés Santiago de Compostela

Outra peza versátil

Os monos son todo un éxito tempada tras tempada. Na imaxe mono bicolor con colar facilmente substituíble en dourado. O que che permitirá darlle un aire máis sofisticado ou casual dependendo das túas necesidades.

mono-elisa cortés1


#SantasRebaixas

Se aínda non compraches nada e tes unha voda, as #SantasRebaixas están da túa parte.

vestido-elisa cortés-escote espalda1

vestido-elisa cortés-escote espalda3

vestido-elisa cortés-escote espalda2

Desta volta con  colaboradora, porque facer fotos sen unha boa iluminación, entre uns clientes e outros non sempre presta.

vestido-elisa cortés-escote espalda


Vermello e negro

Frores vermellas para alegrar o día.

pantalón y levita-elisa cortés y camisa-nice things


#BBC

Propostas  para as #BBC. Vestido con lazada nas costas ou mono drapeado con detalle nos hombreiros.

vestido fiesta-elisa cortés1

vestido fiesta-elisa cortés2

Nas dúas versións  poderás escoller  entre o negro, un clásico entre os clásicos ou o vermello «Valentino«.

mono fiesta-elisa cortés mono fiesta-elisa cortés 1


Batik con opciós

A pesar de que o frío destes días non é o mellor aliado para un vestido sen mangas. Empezamos a semana con este vestido batik que poderás pór de dous xeitos. Escote drapeado nas costas ou no peito.

vestido-marea baja-B vestido-marea baja-A


A madurez da elegancia

Encántanos recibir visitas como a de Catherine. Mulleres que en plena madurez, saben o que queren. Porque o de cumprir anos, nos fai  se cabe,  máis interesantes.

vestido marea baja


Chubascos e punto

Un vestido de punto o paraguas e a disfrutar dos chubascos

vestido-marea baja-christa-det

vestido-marea baja-christa


+Combinando

Non estan os tempos para cometer excesos. Así que hoxe imos sacarlle partido a un vestido de voda.
Combínao cunha chaqueta de punto e se cadra, engadelle un cinto.

vestido Elisa Cortés- chaqueta punto

Se a voda é en setembro, poderás lucir o escote que ten nas costas e darlle un toque de cor cun cinto de plumas.

vestido-ElisaCortés&fajín-MónicaCordera


42º52´´N

Nestas latitudes, faise imprescindible unha peza como a levita que vos mostro hoxe. Desas que che salvan calquera ocasión e que a certas horas do día son tan necesarias.

 

 

levita-marea baja

levita-elisa cortés

 


Clásicos de sempre.

O beige e o negro son dous clásicos de sempre, que Elisa Cortés combina esta primavera verán. Engadindo ademais detalles en nacar e rafia.

Imagen

Imagen

Imagen


Unha boa adquisición

A pesar de ser un vestido deste inverno, parécenos unha boa alternativa para a temperatura destes días.

Imagen


Aliadas co negro

O negro sempre é unha opción acertada. Neste caso ademais, combinado con tira de pel en ouro vello.

Imagen


Camuflaxe perfecto

Imagen

Na imaxe superior vestido da deseñadora Elisa Cortés. Vestido recto con manga francesa e vivos en negro.

Para as máis fashion un indispensable animal print  que poderíamos levar con estes zocos de Elena Ferro, que vos parece?

Imagen

 


Unha sogra moi cachonda!

Na imaxe podedes ver a Frieda  con vestido de Elisa Cortés e foulard de Cabanas Bcn. Cando lle dixen a Frieda se lle podía fotografar para o blog, non o dubidou un momento e contoume entre risas que era a sogra dunha modelo  moi coñecida, Elise Crombez, imaxe de Prada entre outros grandes da moda.
Así que se a nora desfila para Prada, eu quédome coa sogra en formato mais enxebre.
Un bico e seguimos en contacto

Imagen


O vestido negro nunca falla

Imagen O novo de Elisa Cortés, coma sempre elegante, sobrio e con moito estilo. Bicos Corine


Outono sureño ou verán norteño

Para darlle un respiro as rebaixas, hoxe tocan novidades.

Imagen

Manga curta, manga francesa, estampados xeométricos, florais, vainillas, verdes…Imagen

e a elegancia do negro sempre presenta nas suas coleccións.

Imagen


Combinación perfecta!

Hoxe móstrovos un dos deseños máis especiais da nosa querida AZabala. Mono drapeado  cor nude e aínda por riba con colar de pel en ouro vello de Elisa Cortés. Un bico 😉

Imagen


Festexando as Letras Galegas

O  escaparate das Letras Galegas renovado con diferentes propostas.

escaparate-ela diz-mayo

Detalle do vestido da Portuguesa Pé de Chumbo con colar de pel en ouro vello de Elisa Cortés. Aos pes zocos de Elena Ferro e broches de Ana Miguens.

escaparate-ela diz-mayo1

Para rematar vestido de seda de Nice Things  levita de Mónica Lavandera, colgante de Latonta y Larubia e bolso reciclado de Anuscas Family.

escaparate-ela diz-mayo2

 


Josefa Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Josefa cun dos vestidos da deseñadora Elisa Cortés. Cun bonito escote drapeado en cor negra e con detalle en pel nos ombreiros. Grazas Josefa, foi un pracer coñecer a alguén mais de A Baña


Cristina Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Cristina cun vestido en punto de seda, con escote drapeado,  e detalle en coiro  nos ombreiros da deseñadora Elisa Cortés.


Un saúdo Cristina e moitas grazas

Vestido dispoñible na nosa tenda online www.eladiz.com


Milagros Rapaza Ela Diz

Hoxe móstrovos un deseño de Elisa Cortés.

Un estupendo vestido en punto de seda en cor bourdeos e cunhas mangas morcego que lle outorgan  estilo e caracter ao vestido .

Detalle posterior dónde se pode apreciar o efecto da manga morcego

Milagros bicos e apertas!


Novas propostas

Hoxe propóñovos un avance da colección de outonoda firma Xerezana Elisa Cortés.

Deseños de cortes básicos, elegantes e atemporales.

Que vos parecen, apetécevos un paseo pola praia?

 


Escaparate Outono 2013

Co inicio do mes de Setembro empezan as novidades.

Novas coleccións, novo escaparate, horario ampliado e moitas ganas.

 

Co Bosque de Oma como referente e cunha fotografía da nosa amiga  Silvia  V. Björgvinsdóttir o escaparate de Ela Diz énchese de cor, madeira e feminidade.

Agardamos os vosos comentarios.


Carolina Rapaza Ela Diz

Hoxe amósovos dúas propostas en negro.

Por una banda un deseño de Mónica Cordera, un mono longo con escote asimétrico.

Por unha banda un vestido da firma Elisa Cortés con colar de coiro en ouro vello.

E coma sempre cos zocos de Elena Ferro. Grazas e apertas Carolina