Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “nuevos diseñadores joyas

Maios para o inverno

O mellor xeito de gozar das flores no inverno é cunha xoia.

colar maios-ana miguéns


Aire romántico

Pezarealizada a partir da reciclaxe de fornituras de mobles antigos de Latonta y Larubia.

collar-latonta y larubia 3


#XoiasÚnicas

Cando marchas lonxe, levar unha peza feita na terra parece que anima.  Colar de porcelana,  latón e madeira. Desde Cambados facendo escala en Compostela para o Mundo.

collar-milena-Bea


Ni nintzen aizkolari

¿ Quen dixo que as ferramentas da horta non se poden converter en xoias ?
Hoxe podedes ver o traballo de Rodrigo Riveiro, o mozo que dá forma a Ferraxe de Prata. E de música de fondo ¿ Que vos parece Aizkolari, de Kortatu ?

ferraxe de prata-fouciño

ferraxe de prata-ranqueiro e sacho

Rodrigo estivo interesado dende pequeno nos productos artesanais. Os seus primeiros traballos centraronse no coiro. Tras estudar xoiería en «Mestre Mateo» o cambio nos materiais e as técnicas evolucionaron dun xeito espontáneo.

ferraxe de prata-angazo ferraxe de prata-canga

Nesta primeira colección, Rodrigo mestura prata e madeira de buxo. E consigue  pezas únicas que reflicten o xeito no que  sinte a arte e a cultura do país.

ferraxe de prata-forquitas ferraxe de prata-gadaña ferraxe de prata-machada

Unha ducia de ferramentas que poderás lucir na solapa, podendo escoller entre: machada, fouciño, forquita de 5 puntas, martelo, canga, xugo, forquita de 3 puntas, angazo, sacho, ranqueiro,serrucho ou gadaña.

ferraxe de prata-martelo ferraxe de prata-ranqueiro ferraxe de prata-sacho ferraxe de prata-serra


1+1

Lea, a quen vedes a continuación cun look fresco e personal obtido con dous complementos: pano a modo de turbante e anel de Latonta y Larubia

anillo-Latonta y Larubia-Lea


Pensamentos

Hoxe preséntovos as xoias de Noa, unha galega afincada en Madrid.

Imagen

Tras realizar estudos de dministración de empresas, hai máis de 10 anos que marchou a Madrid. Especializarse en Mercadotecnia e máis concretamente no sector Moda.

 

Tras traballar  en París para varias firmas de moda no 2012 xorde Pensamentos.Imagen

Imagen

Pezas esclusivas e moitas delas únicas.

Imagen

Imagen


Para nós e para eles!

Aos poucos e a pesar de que Ela Diz é unha tenda para mulleres, conseguimos que eles tamén teñan un pequeno oco.
Os primeiros Rapaces Ela Diz, atrevéronse cos zocos, con algún bolso ou foulard, pero a partir de  hoxe poderán escoller tamén entre os chaveiros de Peliqueiros e Cigarróns de Ana Miguens.

Imagen

Aproveito a ocasión para mostrarvos a Ana de visita pola nosa tenda

Imagen

  E alguna peza mais da súa serie do  Entroido Galego.

Imagen

Pendentes Peliqueiros e para rematar colgante Boteiro.

Imagen