Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “broches ferraxe de prata

A falta de leira, ferraxe de prata

Entre o chapeau e a fouce, o único que votamos en falta son uns cantos metros de leira.

broche fouciño-ferraxe de prata


Lembranzas

O amor á túa terra, ás túas oríxes, a túa casa demóstranse de moitas formas. Para ela, o xugo é un simbolo de todo isto.broche-xugo-ferraxe de prata


Sachos e garabatas

Moitos homes vense forzados a levar traxe por cuestións laborais.

Se algún de vós atópase nesta circunstancia, hoxe dámosvos unha idea.
Dálle un toque rural . Deixa o pano de lado e plantate un broche de ferraxe de prata na solapa.

ferraxe de prata-sacho-Xoan

Garabata e sacho de prata e buxo.


Ni nintzen aizkolari

¿ Quen dixo que as ferramentas da horta non se poden converter en xoias ?
Hoxe podedes ver o traballo de Rodrigo Riveiro, o mozo que dá forma a Ferraxe de Prata. E de música de fondo ¿ Que vos parece Aizkolari, de Kortatu ?

ferraxe de prata-fouciño

ferraxe de prata-ranqueiro e sacho

Rodrigo estivo interesado dende pequeno nos productos artesanais. Os seus primeiros traballos centraronse no coiro. Tras estudar xoiería en “Mestre Mateo” o cambio nos materiais e as técnicas evolucionaron dun xeito espontáneo.

ferraxe de prata-angazo ferraxe de prata-canga

Nesta primeira colección, Rodrigo mestura prata e madeira de buxo. E consigue  pezas únicas que reflicten o xeito no que  sinte a arte e a cultura do país.

ferraxe de prata-forquitas ferraxe de prata-gadaña ferraxe de prata-machada

Unha ducia de ferramentas que poderás lucir na solapa, podendo escoller entre: machada, fouciño, forquita de 5 puntas, martelo, canga, xugo, forquita de 3 puntas, angazo, sacho, ranqueiro,serrucho ou gadaña.

ferraxe de prata-martelo ferraxe de prata-ranqueiro ferraxe de prata-sacho ferraxe de prata-serra