Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “Boh santiago de compostela

Fenómeno fan

O mellor premio para os creadores é este. 

 Neste caso a diseñadora é muller e como os da foto, nos tamén somos moi fan de #IsabelAlbela ❤


Faros Ilustrados

Que prefires: asegurar o bo tempo das rías baixas? ou evitar o mogollón e marchar cara o norte?
Nos,  aquí estamos.  Argallando o noso viaxe  grazas as 12 propostas que fixo Boh.


A cabeza do dragón

Hoxe no Teatro Principal vai a acontecer un dos acontecimentos do ano.

Producións Teatrais Excéntricas farán a primeira representación teatral dunha obra de Valle-Inclán en galego.

producions-teatrais-excentricas-estrea-en-galego-da-ovra-de-valle-inclan

Os fenómenos rodeando a Valle Inclán na Alameda de Compostela e abaixo deseño de outra fenómena que de seguro decorará máis de unha parede.

valle-inclan-boh

Ilustración de Boh.

 

 


Escollidos

Presentes no  2016 e por suposto no 2017.

boh-simbohlos-ideas-casa

Encántannos as creacións gráficas de Boh. E a vós, sabemos que tamén!

boh-simbohlos-ideas

 

 

Guardar


Lembranzas de Compostela

Queridas polos de aquí e polos que nos visitan.

postalis-as Marías


Até Xapón? Boh!

Nunca antes foi tan auténtica a mensaxe desta bolsa. Porque paso a pasiño e grazas a  Kana, viaxará até Xapón.

tote-boh


Zapatones

Fotografouse  con peregrinos e con Ilustres. Compartiu barra convosco  e con moitos de nós.

taza-zapatones-boh

E agora poderemos lembralo e mesmo brindar.


Rosalía de Castro

Celebramos o  179 Aniversario do seu nacemento. Cebramos #díadeRosalía

Rosalía de Castro

Ilustración e taza Boh.


Se perdemos a fala non seremos ninguén!

 

12742782_527991377405872_7219061925345571142_n

O idioma é a chave

coa que abrimos o mundo:

o salouco mái feble,

o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,

o coitelo da dor,

o murmurio do vento,

a palabra de amor.

O idioma é o tempo,

é a voz dos avós

e ese breve ronsel

que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,

patrimonio do pobo,

maxicamente vello,

eternamente novo.

O idioma é a patria,

a esencia máis nosa,

a creación común

meirande e poderosa.

O idioma e a forza

que nos xungue e sostén,

Se perdemos a fala

non seremos ninguén!

O idioma é o amor

o latexo, a verdade,

a fonte da que agroma

a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma

é ser mudo e morrer.

Precisamos a lingua

se queremos vencer!

Manuel María

Ilustración Boh


Moito chollo

O Apalpador este ano non vai dar feito!

o apalpador-boh-ela diz

o apalpador-boh-ela diz 1


Escaparate de Estrelas

Coa primeira imaxe talvez non seades capaces de descubrilo, pero coa segunda non ides ter dúbida. Trátase do Teatro Principal.

teatro-principal- detalle-ela-diz

 

teatro-principal-detalle-ela diz

E é que este Cineuropa 2015 celebrámolo con Isabel Albela, e cun cartel de luxo, cheo de estrelas.

cartel-cineuropa 2015-Ela-Diz

E que lucirán durante todo o Festival na nosa fiestra. Disfrutade do cinema!

escaparte-ela diz-cineuropa2015

escaparate-ela diz-cineuropa2015


Boh*

De novo desde Vedra, Isa Albela reflexiona e crea a través das súas serigrafías un berro de guerra no que reflicte a idiosincrasia galega.

boh- o que adiante non mira...

boh- atrás se queda

Esta primavera ademais de «Mala herba nunca morre» e «Paso a pasiño faise ou camiño» poderemos colgar do noso ombreiro «O que adiante non mira atrás se queda» e » A alegría contándoa medra»

boh

Un traballo artesanal, cun bonito packaging que reflicte un estado de ánimo. Tedes os catro modelos disponible tamén na tenda online, aquí.

boh- a alegría contándoa medra


Con mensaxe

Para eles e para elas. O Deseño Galego gusta a tod@s. Tamén na tenda online aquí.

tote-Boh-rapaz Ela Diz