Hostia!
Onte pasei o día recibindo fotos e vídeos de Donostia. A pesar dos danos, o espectáculo é impresionante.
Animo para todos os afectados de Euskal Herria, Cantabria, Asturias e Galicia.
Ela Diz na TV de Castela e León
Hai algúns días mostrábavos aos reporteiros de Castela e León na tenda de compras. Hoxe toca o desquite e son eles os que mostran Ela Diz no seu vídeo sobre Santiago de Compostela. Mínuto 45:05
Grazas a Daniel, o protagonista que lles achega até aquí. Ademais poderedes ver La Maleta de Bel, A Reixa, La Tita e a súa tortilla… e moitas curiosidades da cidade!
Hoxe é un día especial
Empezamos a nosa nova andaina, vos presentamos a nova Ela Diz na Rúa Nova 24, frente o Teatro Principal. E ademais o facemos con música de mans de Tony Lomba e Elio do Santos, grandes!!
Unha boa mestura
Fai moito que non soa a música por aquí. Hoxe faino da mans de Vicente Amigo co seu videoclip Roma que forma parte do seu próximo disco Terra. Unha mestura de flamenco e música celta e cunha gravación que aos Picheleiros vailles a gustar en especial. A fortes choivas boa música.
COMENTARIOS