Quería acabar o ano agradecendo a todos os deseñadores, artesáns, emprendedores que coa súa sabedoría e bo facer fan posible que teñamos unha selección das súas mellores propostas en Ela Diz. Grazas de corazón por ser tan xeniais!
Á familia, amigos, veciños da Praza Fuenterrabia e clientes que aos poucos xa son case amigos, Feliz 2013!

31/12/2012 | Categorías: Complementos, Eventos, Ropa | Tags: aguamarina paris, amaia zabala, artesáns, céline robert, celia pia, chula, eferro, Elena Ferro, Elisa Cortes, emprendedores, fashion, felices festas, feliz 2013, iomiss, Lady Desidia, Laga, latonta y larubia, lindo ron, Luna Moreno, mado et les autres, malicia, manitas de plata, moda, nerea lurgain, Nice Things, nuria, oobuka, pé de chumbo, santiago de compostela, Scaline, Signal, Whiite, xoiería, zuppa | 2 comentarios
A piques de rematar o 2012, móstrovos os últimos cambios no noso escaparate.

Detalle do interior, onde poderedes atopar orixinais ideas…

Detalle do escaparate, con vestido de punto moi invernal dos deseñadores Malahierba, con abrigo da premiada AZabala e boina de Céline Robert.

Esta foto vai para Andrea Baragaño e as súas preciosas xoias acompañadas polas tazas de Zuppa entre outras cousas.

E para rematar vestido da deseñadora Elisa Cortes con chaqueta de Nice Things e colar-diadema de Andrea Baragaño, sin esquecer o bolso de Oobuka e os zocos inamovibles da nosa querida Elena Ferro.

E para rematar, aviso importante! Ante a avalancha de peticións destes días, acabamos de recibir novamente os colgantes de Lindo Ron, grazas Ana!
29/12/2012 | Categorías: Complementos, Eventos, Ropa | Tags: abrigo, amaia zabala, andrea baragaño, AZabala, boina, bolsos, céline robert, chaqueta, collares, diademas, eferro, Elena Ferro, Elisa Cortes, escaparates, fashion, gorra, ideas regalo, joyas, latonta y larubia, malahierba, moda, Nice Things, oobuka, Pendentes, santiago de compostela, tazas, vestidos, xoias, zocos, zuppa | 2 comentarios
Quen dixo que as vaixelas deben de ser brancas!
Hoxe móstrovos o traballo do taller Zuppa, un traballo artesanal, que enche de cor cada un dos nosos cafés.

Pezas que non só compoñen unha mesa diferente, senón que tamén poden
ser esparexidas, colgadas e exhibidas pola nosa casa.

Cada peza é única, debuxado a man e pintada, utilizando unha combinación de técnicas de man libre, pluma e tinta e pinceis.

Como queres o teu café, só, con leite ou en boa compañía!

30/11/2012 | Categorías: Complementos | Tags: artesania, café, tazas café, vaisela, vajilla, xogo café, zuppa | 5 comentarios
COMENTARIOS