Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “zoqueada

Na casa ou na rúa

Temos tantos e  tan diferentes, que xa non atopamos onde poñelos.

zocos-eferro-deco

zocos-eferro-rúa nova


Búscase Fotógrafo.

Ao longo de 3 anos, organizamos unha inauguración na Praza Fuenterrabia o noso primeiro local en Compostela. Unha segunda Reinauguración o ano pasado, pola apertura da tenda  na Rúa Nova e unha Zoqueada polo noso 3º Aniversario xunto a Elena Ferro.

En todos os casos organizámolo con moita ilusión, coa axuda de amigos e familia e con moitos nervios. Pero somos tan nerviosos que nunca conseguimos boas fotos, unha pena!
Na imaxe as máis puntuais, ás 19 en punto da tarde.
Imagen

A continuación un intento de mostrar a variedade de cores e texturas dos Eferros.

Imagen

Grazas a tod@s!

Os que nos axudastes coa organización, ca difusión nos medios e aos que vos achegastedes ata Ela Diz.

Imagen

 

 


Zoqueada

O vindeiro venres día 21 de marzo a partir das 19:00 horas temos doble celebración en Ela Diz.
Coincidindo co noso 3º Aniversario e xunto a Eferro, decidimos organizar unha ZOQUEADA.

Imagen
Esperámosvos a todos cos vosos zocos Eferro.
Aos que aínda non vos decidistes, poderedes vir igualmente haberá pintxos, descontos e por suposto viños da terra. Ela Diz, Rúa Nova 24 – Compostela.