Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “zocos online

Para estar a altura.

Para estar a altura das circunstancias.


Primario, flexible e divertido.

Amarelo e ponlle ti os adxetivos.

zocos-eferro-pantone17


Enchendo a rúa

Moitas de vos xa os estades disfrutando. Grazas e Boas Festas

image


Tarde de Estrea

Escoller a cor dos teus primeiros zocos, adoita ser o máis dificil. Cos seguintes todo é mais doado.

Para Delia este foi o momento da estrea, mentras que Vanessa xa está feita unha experta. Bicos 🙂

zocos-eferro-Vanessa-Delia

zocos-eferro-coloraos

zocos-eferro-laranxas - copia

zocos-eferro-berenxenas

zocos-eferro-marróns - copia

 

 


Falan de nós na prensa!!

Empezamos a semana agradecendo á xornalista Emma Aráujo e a fotógrafa Sandra Alonso pola reportaxe deste sábado na revista de tendencias YES de La Voz de Galicia.
Á familia Ferro, por axuntar tradición e modernidade no deseño dos seus zocos.
As compañeiras zoqueiras, Luz Castro socia fundadora de Imaxin Software, Bea Hervella socia fundadora de 4gotas.com  Isabel Risco actriz e presentadora e Iria Sobrado actriz e presentadora.
Podedes leer o artículo completo aquí.

Imagen


#Nadalamos

Queres sorprender e ser orixinal?

Regala zocos. Un produto feito a man, co agarimo e bo facer da familia FerroImage

Image

Image

Image

Image


Sorrisos e moita sorte

Empezamos o mes de xuño desexando sorte a todo o mundo.

Imagen

A nosa idea orixinal era facer un vídeo do noso escaparate para que puidésedes ver á os nosos gatos en movemento. Tras varios intentos errados, terémonos que conformar coas fotos.

Imagen

Aos pes do mais grande o traballo de Ana Miguens.Imagen

Mono e chaqueta de Nice Things con colar de Paseloqpase e mochila reciclada de Anuscas Family.

Imagen

Vestido Malahierba Atelier combinado con foulard das Redeiras de Corme, pendentes Iomiss e gorro para cando saia o sol.

Imagen

E na estantería os zocos de Eferro.

 


Zocomanía

Zoqueando by Elena FerroImagenXa sexan de pelo, ou coiro, descalzos para os días asollados, ou pechados para as  máis seguras.

Imagen

O caso e calzar e facelo con Zocos Galegos. Estes modelos xa teñen nome, así que é un adianto para as máis ansiosas.

Imagen


Zoqueando todo o ano!

É unha alegría comprobar o interese que espertan os zocos de Elena Ferro. O aprecio a un oficio artesanal  que soubo renovarse e que gusta tanto aos de aquí como aos estranxeiros que visitan Compostela.
A continuación algún dos afortunados o día do estreno!

Imagen

Imagen

zocos-eferro-Luisa  zocos-eferro-Rita

zocos-eferro-Ramón

zocos-eferro-Chus

zocos-eferro-Amelia


Outra de zocos viaxeiros

María de Vilalba enviounos fotos despois de estrear os seus zocos, como sempre asinados por Elena Ferro. María moitas grazas por todo, espero poder coñecerche persoalmente cando te achegues por Compostela! Bicos

Imagen


Coiros, rasos e tintes

As mozas de Lugo poderían ir vivir ao famoso pobo Malagueño de Júzcar. Lembrádelo, verdade?  aquel pobo que se pintou todo de azul para a estrea dos Pitufos.
O derradeiro encargo de zocos foi nesa cor e a zoqueira Elena Ferro, púxose ao choio  como podedes apreciar a continuación.

ImagenImagen


A febre do zoco continúa

Na imaxe podedes ver a Valle, cos seus, unha combinación de berenxena e verde en coiro. Como sempre a felicidade de probalos  é un acto  inmediato! Bicos Valle.

Imagen


María Rapaza Ela Diz

Os zocos de Elena Ferro teñen efectos beneficiosos sobre a saúde!
Na imaxe podedes ver a María cos seus zocos de pelo cor berenxena cun sorriso e acto seguido case bailando de felicidade. Bicos María e grazas por todo!

Imagen

Imagen


Beatriz Rapaza Ela Diz

Empezamos o luns vestindo os pés de Beatriz.

Imagen

Na imaxe podédela ver cos zocos de duas cores en coiro de Elena Ferro. Unha combinación de azul e marron cuns divertidos lazos de cadros. Un abrazo Beatriz e moitas grazas


As mesturas sempre foron boas!

Que poden ter en común unha Matemática, a Libraría  feminista  Lila de Lilith, un  bo fotógrafo e  Ela Diz ?
Déixovos unha imaxe como anticipo, pero non deixedes de pasarvos polo blog de José Paz para  descubrir o seu traballo e por suposto saber máis desa Matemática!!

Imagen


Ao carallo ca lista Pantone!

Hai uns día a nosa meteoróloga preferida, Beatriz Hervella e cofundadora da empresa 4 gotas atmósfera & océano que está a piques de iniciar a súa andaina, serviunos de inspiración, explícovos.

Pantone sacou a lista das cores mais fashion para a próxima primavera e entón pensamos. Pero que carallo saberán os de Pantone en canto a tendencia de cores respecto dos zocos.

Sen dúbida, a tendencia son o berenjena e o verde…e  proximamente porémoslles cara!

Imagen


Descontos do 40% e moitas ideas!

Novas propostas desde o escaparate  de Ela Diz. Agora cun 40% de desconto.

Imagen

Vestido longo en cor berenxena combinada con parka mostaza e colgante da serie Tempo.Unha opción para un día de paseo.

Imagen

Unha opción para aquelas que teñen que gardar as formas no traballo,  vestido gris ceñido o corpo cun blazer negro e un divertido colgante para alegrar a xornada.

Imagen

E para rematar zocos e agasallos divertidos integramente feitos en Galicia.

Imagen


Xuntos pero non revoltos

A vispera de Reis os protagonistas do día foron os zocos de Elena Ferro . Hoxe os protagonistas en cambio son outros. Iso se, tod@s teñen algo en común, o sorriso e ilusión ao descubrir os seus zocos personalizados.

zocos-eferro-Laura

Laura camuflada cos zocos de pelo con print animal.

zocos-eferro-Irene

Irene cos zocos berenxena a piques de marchar a Londres, donde seguro que fan estragos.

zocos-eferro-Victor

Victor lembrando os seus anos de mocidade cos seus zocos de pelo marrón e converténdose no home máis fashion de Compostela.

zocos-eferro-Carmen

Carmen simplemente feliz, cos seus zocos de coiro e pelo en cor berenxena.

zocos-eferro-Jana

Jana a mais exótica e divertida cos zocos de coiro e pelo en berenxena verde e rosa fuxia.

zocos-elena ferro-Iria

A televisiva Iria de Tourilandia, con cara de pilla estreando os seus zocos de pelo berenxena.

Grazas a todos por formar parte das Rapaz@s Ela Diz,bicos e apertas!


Rocío Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Rocío cos seus zocos novos, coma sempre asinados por Eferro. Rocío decantouse polos negros de pelo de pelo negro. moitas grazas e bicos!

zocos-eferro-Rocío


Mª Carmen Rapaza Ela Diz

Os zocos e as súas lembranzas…
Ter os zocos de Eferro fixeron posible que coñeza de preto as historias de familias, de recordos da infancia, de ilusións como no caso de Mª Carmen á que vedes na imaxe cos seus zocos de motas coa que puiden compartir unha infinidade de historias da vida de Galicia de fai xa uns cuantos anos. Apertas e grazas parella!

zocos-eferro-Mª Carmen