Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “zocos galegos

Búscase Fotógrafo.

Ao longo de 3 anos, organizamos unha inauguración na Praza Fuenterrabia o noso primeiro local en Compostela. Unha segunda Reinauguración o ano pasado, pola apertura da tenda  na Rúa Nova e unha Zoqueada polo noso 3º Aniversario xunto a Elena Ferro.

En todos os casos organizámolo con moita ilusión, coa axuda de amigos e familia e con moitos nervios. Pero somos tan nerviosos que nunca conseguimos boas fotos, unha pena!
Na imaxe as máis puntuais, ás 19 en punto da tarde.
Imagen

A continuación un intento de mostrar a variedade de cores e texturas dos Eferros.

Imagen

Grazas a tod@s!

Os que nos axudastes coa organización, ca difusión nos medios e aos que vos achegastedes ata Ela Diz.

Imagen

 

 


Zoqueada

O vindeiro venres día 21 de marzo a partir das 19:00 horas temos doble celebración en Ela Diz.
Coincidindo co noso 3º Aniversario e xunto a Eferro, decidimos organizar unha ZOQUEADA.

Imagen
Esperámosvos a todos cos vosos zocos Eferro.
Aos que aínda non vos decidistes, poderedes vir igualmente haberá pintxos, descontos e por suposto viños da terra. Ela Diz, Rúa Nova 24 – Compostela.


Falan de nós na prensa!!

Empezamos a semana agradecendo á xornalista Emma Aráujo e a fotógrafa Sandra Alonso pola reportaxe deste sábado na revista de tendencias YES de La Voz de Galicia.
Á familia Ferro, por axuntar tradición e modernidade no deseño dos seus zocos.
As compañeiras zoqueiras, Luz Castro socia fundadora de Imaxin Software, Bea Hervella socia fundadora de 4gotas.com  Isabel Risco actriz e presentadora e Iria Sobrado actriz e presentadora.
Podedes leer o artículo completo aquí.

Imagen


Minientrada

Masculino Femenino Singular

Ambolos dous  se decidiron por Eferro. Ambolos dous polo print dálmata. Pero Susana combinouno ca vira vermella.
Por certo, se vos interesan os zocos de Eferro non vos perdades a revista de tendencias YES de La Voz de Galicia. Saímos na súa páxina central!!!
O luns informarémosvos con máis detalle.

Imagen

Imagen


Baixo chave

Esta semana estivemos facendo cambios. Uns días encheron os estantes

Imagen

outros decidimos gardalos baixo chave pero todos os días rodeados dos zocos de Eferro.

Imagen

pero todos os días rodeados dos zocos de Eferro.

Imagen


Supersticiosa eu?

As Marías de hoxe seguro que non se adican ao Teatro. E é que non hai máis que ver os seus zocos!

Imagen

zocos-eferro-María 1

Se o voso tampouco é a actuación, que vos parecen estes Eferro?

zocos-eferro


O Patriarca

O patriarca dos Ferro, felicítanos o ano cos seus zocos! Mirade ben porque algún deses xa están de camiño ás vosas casas!

Image