Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “zocos galegos

Premio Nacional de Artesanía 2019

Sen filtros nin artificios. Premio Nacional de Artesanía 2019.

zocos-eferro-premio nacional artesanía 2019


Tradición adaptada aos tempos.

Se chove, que chova.

zocos-eferro


Plano cenital

Hoxe os zocos vistos desde outra perspectiva.

zocos-eferro


ReflexiONándo

Nesta xornada de reflexión poderedes pensar nas vosas combinacións preferidas.

image


Misturas en tres cores

Polo norte xa sabedes: uns días con sandalias e outros con zocos, pero sempre Eferro´s

zocos-eferro-cuña

sandalias-eferro


Nasas e zocos

Comenzamos a semana con moita madeira.

zocos- eferro-eladizzocos-eferro-ela diz


Eferro´s

Porque si, porque nos gustan, porque sentimos orgullo do seu traballo, porque non se pode ser mais moderna, porque respeta as tradicións, porque son da terra… cada día mais Eferro´s na Rúa Nova.

zocos-eferro-santiago de compostela1

zocos-eferro-santiago de compostela

zocos-eferro-santiago de compostela 2

 

 

 


Búscase Fotógrafo.

Ao longo de 3 anos, organizamos unha inauguración na Praza Fuenterrabia o noso primeiro local en Compostela. Unha segunda Reinauguración o ano pasado, pola apertura da tenda  na Rúa Nova e unha Zoqueada polo noso 3º Aniversario xunto a Elena Ferro.

En todos os casos organizámolo con moita ilusión, coa axuda de amigos e familia e con moitos nervios. Pero somos tan nerviosos que nunca conseguimos boas fotos, unha pena!
Na imaxe as máis puntuais, ás 19 en punto da tarde.
Imagen

A continuación un intento de mostrar a variedade de cores e texturas dos Eferros.

Imagen

Grazas a tod@s!

Os que nos axudastes coa organización, ca difusión nos medios e aos que vos achegastedes ata Ela Diz.

Imagen

 

 


Zoqueada

O vindeiro venres día 21 de marzo a partir das 19:00 horas temos doble celebración en Ela Diz.
Coincidindo co noso 3º Aniversario e xunto a Eferro, decidimos organizar unha ZOQUEADA.

Imagen
Esperámosvos a todos cos vosos zocos Eferro.
Aos que aínda non vos decidistes, poderedes vir igualmente haberá pintxos, descontos e por suposto viños da terra. Ela Diz, Rúa Nova 24 – Compostela.


Falan de nós na prensa!!

Empezamos a semana agradecendo á xornalista Emma Aráujo e a fotógrafa Sandra Alonso pola reportaxe deste sábado na revista de tendencias YES de La Voz de Galicia.
Á familia Ferro, por axuntar tradición e modernidade no deseño dos seus zocos.
As compañeiras zoqueiras, Luz Castro socia fundadora de Imaxin Software, Bea Hervella socia fundadora de 4gotas.com  Isabel Risco actriz e presentadora e Iria Sobrado actriz e presentadora.
Podedes leer o artículo completo aquí.

Imagen


Minientrada

Masculino Femenino Singular

Ambolos dous  se decidiron por Eferro. Ambolos dous polo print dálmata. Pero Susana combinouno ca vira vermella.
Por certo, se vos interesan os zocos de Eferro non vos perdades a revista de tendencias YES de La Voz de Galicia. Saímos na súa páxina central!!!
O luns informarémosvos con máis detalle.

Imagen

Imagen


Baixo chave

Esta semana estivemos facendo cambios. Uns días encheron os estantes

Imagen

outros decidimos gardalos baixo chave pero todos os días rodeados dos zocos de Eferro.

Imagen

pero todos os días rodeados dos zocos de Eferro.

Imagen


Supersticiosa eu?

As Marías de hoxe seguro que non se adican ao Teatro. E é que non hai máis que ver os seus zocos!

Imagen

zocos-eferro-María 1

Se o voso tampouco é a actuación, que vos parecen estes Eferro?

zocos-eferro


O Patriarca

O patriarca dos Ferro, felicítanos o ano cos seus zocos! Mirade ben porque algún deses xa están de camiño ás vosas casas!

Image


#Nadalamos

Queres sorprender e ser orixinal?

Regala zocos. Un produto feito a man, co agarimo e bo facer da familia FerroImage

Image

Image

Image

Image


A bailar no Outono Códax Festival

Veremos  a alguén  este sábado no Outono Códax Festival 2013 bailar cos zocos de Eferro?

Imagen


Surrealismo Zoqueiro

¿Que vos parece a foto que me enviou María cos seus Eferro por Madrid ? Eu pensei que era na exposicion de Dalí, pero María corrixiume e díxome que era  na Casa Encendida
Bicos para ti e para o artísta-mensaxero!

Imagen


A febre do zoco continúa

Na imaxe podedes ver a Valle, cos seus, unha combinación de berenxena e verde en coiro. Como sempre a felicidade de probalos  é un acto  inmediato! Bicos Valle.

Imagen


María Rapaza Ela Diz

Os zocos de Elena Ferro teñen efectos beneficiosos sobre a saúde!
Na imaxe podedes ver a María cos seus zocos de pelo cor berenxena cun sorriso e acto seguido case bailando de felicidade. Bicos María e grazas por todo!

Imagen

Imagen


Beatriz Rapaza Ela Diz

Empezamos o luns vestindo os pés de Beatriz.

Imagen

Na imaxe podédela ver cos zocos de duas cores en coiro de Elena Ferro. Unha combinación de azul e marron cuns divertidos lazos de cadros. Un abrazo Beatriz e moitas grazas


Ao carallo ca lista Pantone!

Hai uns día a nosa meteoróloga preferida, Beatriz Hervella e cofundadora da empresa 4 gotas atmósfera & océano que está a piques de iniciar a súa andaina, serviunos de inspiración, explícovos.

Pantone sacou a lista das cores mais fashion para a próxima primavera e entón pensamos. Pero que carallo saberán os de Pantone en canto a tendencia de cores respecto dos zocos.

Sen dúbida, a tendencia son o berenjena e o verde…e  proximamente porémoslles cara!

Imagen