Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “zocos artesanais

Eu paso do IPhone!

Os de Appel deberían contactar con Elena Ferro. Porque digo eu,   porque non facer unha versión mais do noso gusto?

zocos-eferro-xosé novo


Búscase Fotógrafo.

Ao longo de 3 anos, organizamos unha inauguración na Praza Fuenterrabia o noso primeiro local en Compostela. Unha segunda Reinauguración o ano pasado, pola apertura da tenda  na Rúa Nova e unha Zoqueada polo noso 3º Aniversario xunto a Elena Ferro.

En todos os casos organizámolo con moita ilusión, coa axuda de amigos e familia e con moitos nervios. Pero somos tan nerviosos que nunca conseguimos boas fotos, unha pena!
Na imaxe as máis puntuais, ás 19 en punto da tarde.
Imagen

A continuación un intento de mostrar a variedade de cores e texturas dos Eferros.

Imagen

Grazas a tod@s!

Os que nos axudastes coa organización, ca difusión nos medios e aos que vos achegastedes ata Ela Diz.

Imagen