Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “zapatos

Unha pinga de vermello.

Vermello como denominador común.

vestido-nathalie vleeschouwer-zapatos-pé de chumbo-floreiro helen b


Luns combinado

Esta semana empezamos cunha proposta atrevida. Tomates para o pescozo, unhas rodaxas de sandía para o bolso e uns zocos para os pes.

sandias-tomates-zocos


Búscase Fotógrafo.

Ao longo de 3 anos, organizamos unha inauguración na Praza Fuenterrabia o noso primeiro local en Compostela. Unha segunda Reinauguración o ano pasado, pola apertura da tenda  na Rúa Nova e unha Zoqueada polo noso 3º Aniversario xunto a Elena Ferro.

En todos os casos organizámolo con moita ilusión, coa axuda de amigos e familia e con moitos nervios. Pero somos tan nerviosos que nunca conseguimos boas fotos, unha pena!
Na imaxe as máis puntuais, ás 19 en punto da tarde.
Imagen

A continuación un intento de mostrar a variedade de cores e texturas dos Eferros.

Imagen

Grazas a tod@s!

Os que nos axudastes coa organización, ca difusión nos medios e aos que vos achegastedes ata Ela Diz.

Imagen

 

 


Zocomanía

Zoqueando by Elena FerroImagenXa sexan de pelo, ou coiro, descalzos para os días asollados, ou pechados para as  máis seguras.

Imagen

O caso e calzar e facelo con Zocos Galegos. Estes modelos xa teñen nome, así que é un adianto para as máis ansiosas.

Imagen


Elíxenos! O Comercio Local agasállate no Nadal

Desde o pequeno comercio de Compostelán  ideamos unha campaña para este Nadal que só achega cousas boas.
Os venres, sábados e domindos desde o 1 de decembro até o 5 de xaneiro, convidámosvos a CAFÉ, CANA ou REFRESCO, nunha chea de bares da cidade.
Temos unha cidade Patrimonio da Humanidade,  comercios diversos con produtos de calidade e unha hostalaría de primeira!
Non te esquezas de nós este Nadal e apoia o comercio local!

o comercio local agasallate no nadal