Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “yo no soy una it girl

Tempo de oportunidades.

Para os que non lestes a prensa onte, El Correo Gallego publicou un artigo sobre as oportunidades que existían en Compostela coa chegada das rebaixas. A xornalista e blogger de yo no soy una it girl, fixo un repaso das mellores oportunidades que se poden atopar agora mesmo na cidade incluíndonos a nós, como podedes ver a continuación.

rebaixas Correo Gallego


Sesión de fotos «Pé de Chumbo»

Fai unhas semanas  falei con Sandra, a xornalista e bloggera de yo no soy una it girl, para facer unha sesión de fotos, e así presentarvos os deseños chegados dende Portugal de mans de Pé de Chumbo. Deseños para ocasións especiais e para mulleres que queiran vestir dun xeito orixinal.

 

 

Unha mañana de café, fotos, risas, fotos y mais risas.

Moitas grazas Sandra, pola túa paciencia e xenerosidade, apertas guapa!
 


Ela Diz de paseo pola Alameda

Móstrovos algunha das fotos do blog  yo no soy una it girl , cun dos vestidos de Ela Diz.

Nesta ocasión cun deseño das xoves Ambrosia Pitigüil, en cor rosa, con estampado de bolboretas e combinado con cinto marrón das mesmas deseñadoras. Un paseo perfecto pola Alameda Compostelá.


O vestido Pirata

A xornalista e bloggera Sandra Cuiña hoxe escribe un post no seu blog Yo no soy una it girl cun dos vestidos de Chula e cos preciosos zocos de Elena Ferro.

 

Ensínovos algunha das súas fotos e se queredes ver máis non tedes máis que visitar o seu blog.

Unha opción100 %  Made in Galicia


Grazas Sandra por esas bonitas fotos.