Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “xoieria santiago de compostela

Entre Cores con Amor

Da colección Entre cores, unha peza única de aceiro e papel en tons azuis da deseñadora Amor Calderón. Apertas Isabel

Imagen


Nuria Rapaza Ela Diz

O traballo de Ana Miguens, do que vos falei fai un par de semanas, causou sensación. Cheo de cor e  inspirado na Cultura Galega.ImagenNa imaxe podedes ver a Nuria con pendentes dun dos Entroidos mais antigos do mundo, os  Peliqueiros de Laza. Bicos Nuria!

Imagen

 


Novidades Latonta y Larubia

Agardando a nova colección, que está a piques de chegar, hoxe móstrovos o último de Latonta e Larubia.


Para os que non os coñezades, dígovos que  Latonta e Larubia son dúas amigas que quedan os domingos pola mañá para ir pasear coas súas zapatillas deportivas brancas. É nestes paseos domingueros, é onde se coce todo o que fan. Porque estas son xoias de domingo.


Aínda que en realidade os deseñadores nin son “tontos” nin “rubios” son dous mozos que tras estudar Belas Artes e Xoiaría xuntáronse para realizar estas preciosas xoias feitas a base de pedras naturais, latón,  ornamentos de mobles antigos e sobre todo moita arte.