Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “xoiería galega

Montse Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Montse cun broche de Ana Miguens. En particular un Boteiro de Verín. Aproveito a ocasión para anunciarvos que temos de novo na tenda, peliqueiros, boteiros e pantallas en diferentes formatos. Así que se o voso é o entroido, o mellor lucilo todo o ano. Apertas Montse.

Imagen


Novas propostas

Novas alternativas desde o noso escaparate.

Por unha banda vestido de Mónica Lavandera acompañado dun colar de Ana Miguens. Imagen

En cores máis vibrantes, vestido de Malahierba Atelier con colgante de Andrea Baragaño e chaquetón de Nice Things.

Imagen

Aos pés como é habitual, zocos de Elena Ferro acompañados de bolso de man de Anusca´s Family e  maletin de Nice Things. No alto do escaparate os bolsos mais cool da Artesanía Galega feitos polas Redeiras de Corme e Malpica!Imagen