Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “xoias de prata

Seguros Mutuos Santiago

Hoxe présentovos as novas Xoias con Historia. Os broches Seguros Mutuos Santiago.

seguros mutuos santiago

Para empezar, faremos un pouco de historia:

A primeira organización da loita contra o lume denominada Compañía de bombeiros da cidade de Santiago foi creada no ano 1865 mediante un concerto entre o Concello e a Compañía de seguros mutuos contra incendios, que tiña rótulos identificativos gravados en azulexo que seguen conservando a maioría dos edificios do Casco histórico.

seguros mutuos santiago-ela diz

Ferraxe de Prata colleu o nome das placas para traballar en prata, latón e bronce estas preciosas réplicas dos edificios  de Compostela.

seguros mutuos santiago colección xoias

Poderedes escoller entre diferentes edificios e distintos acabados.

seguros mutuos santiago-broches-ferraxe de prata