Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “whiite santiago de compostela

Carmen Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Carmen cun vestido da firma danesa Whiite, de seda, manga longa,  con goma na cadeira e un bonito escote. Carmen un pracer coñecerche a tí e a péquelas. Grazas por todo

Na nosa tenda online podedes atopar o mesmo vestido  en dous  core, si vos interesa en negro ou en rosa 


Patricia Rapaza Ela Diz

Hoxe amósovos a Patricia cun deseño da firma danesa Whiite. Un vestido vaqueiro de manga longa ao que se lle pode dar moito uso no próximo outono. Un pracer coñecerche Patricia e grazas.

A continuación detalle do peito do vestido.  Si gustaches do vestido, aproveita o remate final das rebaixas porque ainda tes uno igual, www.eladiz.com


María, Rapaza Ela Diz

A pesar de que as noticias do día non foron moi alentadoras, os que somos autónomos e temos un pequeno negocio non podemos deixar de traballar e de tentar seguir adiante co noso soño.
Así que hoxe móstrovos a María, a nosa “Kutxera” preferida con pantalóns e blusa da firma danesa Whiite. Un conxunto en seda elástica, en cor gris antracita, cómodo e elegante. Maria grazas e bicos


Laura, Rapaza Ela Diz

Hoxe tócalle a quenda a Laura, que a pesar de que esquivou o das fotos anteriormente, esta vez non pudo evitalo. Laura leva zocos de inverno da artesá Eferro en rosa fucsia, pantalóns vaqueiros campá e cinto de charol rosa da firma Whiite, camiseta de seda con detalle de coiro no pescozo da deseñadora inglesa Scaline.

Para rematar o look, Laura camúflase baixo un precioso chapeu da mítica Sombrerería Igresias, xa sabedes unha das tendas con máis historia da cidade, moi preto de nos na Rua do Vilar.
Grazas Laura, apertas para ti e mais para Matilde.


Alba, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Alba con pantalóns da firma danesa Whiite.

Uns vaqueiros acampanados de cintura alta e corte recto. Estupendos para levar con tacóns e camisetas axustadas, si lle  engadimos  un cinto estreito, resaltaremos ainda mais a  cintura como vedes neste caso. Grazas Alba e apertas.


Adri e Mayte, Rapazas Ela Diz

Hoxe tócalle a quenda a unha amiga con moita graza e claro para iso hai que ter unha nai como a súa.

Na imaxe podedes ver a nai e filla, con dous estilos diferenciados. Adri con vestido verde e rosa do deseñador Brasileiro Hoertonn e Mayte cun vestido floreado con manga xaponesa da firma danesa Whiite.
Grazas e un bico para toda a familia!


Noelia e Sandra, Rapazas Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Sandra cun vestido da firma Whiz en ton rosa pau e detalle en negro.

 

A continuación Sandra con vestido longo da firma Whiite en ton azul pastel e Noelia co vestido de Whiz, esta vez con cinto.

 

Como vedes, unha chea de oportunidades da nosa sección outlet, que estas dúas irmás aproveitaron na súa visita a Compostela. Grazas e apertas ás dúas.