Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “vestidos online

María Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a María cun vestido dos franceses Mado et les autres coa parte superior gris e detalle de encaixes e a parte inferior con print floral.
María moitas grazas, apertas para ti e as amigas en común! Bicos.

vestido-mado et les autres-María


Sheila Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Sheila, unha simpática Brasileira  cun deseño de Pé de Chumbo, un vestido de punto calado con pescozo alto e unhas mangas cun toque sideral.

vestido-pé de chumbo-Sheila

Sheila grazas pola divertida sesión de fotos,e spero que non pasásedes moito frío na vosa longa viaxe!

vestido-pé de chumbo-Sheila 2


Placeres Rapaza Ela Diz

Empezamos a semana con Praceres que como observariades  na imaxe superior leva un vestido con certo aire «cubista» en tons grises e azuis, manga francesa e escote barco de Mado et les autres.
Grazas Praceres e apertas!


Paula, Rapaza Ela Diz

O post de hoxe faime, en singular, unha ilusión moi especial.

Na imaxe podedes ver a Paula, que ademais de Rapaza Ela Diz, é amiga, familia e a nosa colaboradora máis fiel e incansable.


Cun mini vestido negro e fuxia do Brasileiro Hoertonn.
Un bico enorme Paula 😉


Xa está aberta a nosa tenda online

Xa vos anunciamos hai unhas semanas a apertura da nosa tenda online. E hoxe por fin, faise realidade o noso soño. Todo isto sería imposible sen a axuda de Paula e Jaime, así que dende aquí, grazas aos dous.

A idea orixinal xurdiu tras a demanda de moitas das nosas clientas, que nos coñeceron tras a súa viaxe a Santiago, de poder comprar os nosos deseños desde os seus lugares de orixe. Outra idea foi a de crear unha sección Outlet onde atopar oportunidades únicas a prezos irresistibles.


Queda inaugurada a nosa nova Ela Diz online!