Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “vestidos malahierba

Nazife Rapaza Ela Diz

Hoxe móstrovos a Nazide cun deseño moi especial dos Cataláns Malahierba. Unha alternativa interesante  para saír esta noite calorosa.

Imagen


Sorrisos e moita sorte

Empezamos o mes de xuño desexando sorte a todo o mundo.

Imagen

A nosa idea orixinal era facer un vídeo do noso escaparate para que puidésedes ver á os nosos gatos en movemento. Tras varios intentos errados, terémonos que conformar coas fotos.

Imagen

Aos pes do mais grande o traballo de Ana Miguens.Imagen

Mono e chaqueta de Nice Things con colar de Paseloqpase e mochila reciclada de Anuscas Family.

Imagen

Vestido Malahierba Atelier combinado con foulard das Redeiras de Corme, pendentes Iomiss e gorro para cando saia o sol.

Imagen

E na estantería os zocos de Eferro.

 


Iria Rapaza Ela Diz

Faime moita ilusión que a protagonista do día sexa Iria, a quen coñecemos ao abrir a tenda grazas ao proxecto Abertos ao Galego.
Na imaxe podedes ver a Iria cun vestido de Malahierba Atelier. Un bico forte Iria e grazas pola túa complicidade e  polo teu traballo!

Imagen