Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “vestido

Letras Galegas

Como cada maio homenaxeamos desde o noso escaparate ao Día das Letras Galegas.

letras galegas-escaparate-ela diz3

Este ano adicado ao Compostelán Roberto Vidal Bolaño, dramaturgo, actor e director de teatro.

letras galegas-escaparate-ela diz2
Temos a sorte de contar co libro «Un chapeu negro e un nariz de paiaso» da nosa amiga Montse Pena Presas, recentemente publicado pola editorial Galaxia e que o noso compañeiro de rúa, o propietario de Miranda cultura para levar conseguiuno-lo axina.

letras galegas-escaparate-ela diz1

Agardo que vos guste e como dicía o Mestre Cunqueiro «Mil primaveras máis para a Lingua Galega»

letras galegas-escaparate-ela diz


Pilar Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Pilar cun vestido de topos en cor berenxena asinado pola firma vasca Laga. Con corte baixo o peito, manga francesa  e un bonito escote camisero. Apertas Pilar.

Imagen


Descontos do 40% e moitas ideas!

Novas propostas desde o escaparate  de Ela Diz. Agora cun 40% de desconto.

Imagen

Vestido longo en cor berenxena combinada con parka mostaza e colgante da serie Tempo.Unha opción para un día de paseo.

Imagen

Unha opción para aquelas que teñen que gardar as formas no traballo,  vestido gris ceñido o corpo cun blazer negro e un divertido colgante para alegrar a xornada.

Imagen

E para rematar zocos e agasallos divertidos integramente feitos en Galicia.

Imagen


Ideas para as Rebaixas

O martes día 15 Ela Diz permanecerá pechada. Temos visita dende Euskal Herria e ímonos de paseo todo o día!  Mentres novas ideas desde o noso escaparate, agora cun 40% de desconto.

escaparate-eladiz-xaneiro

escaparate-eladiz-xaneiro1

escaparate-eladiz-xaneiro2


Pilar Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Pilar cun vestido de Aguamarina París. Un éxito absoluto esta tempada. Se vos gusta o estampado tedes a posibilidade de levalo en versión pantalóns campá.  Podedes velos na nosa tenda online. Apertas Pilar!

vestido-aguamarina-Pilar


O Apalpador está a chegar!!

O Apalpador xa está aquí, rodeado de zocos esperando a noite do 24 para ver quen de vós comeu dabondo.
escaparate-ela diz-dic

Grazas a Leandro Lamas polo seu traballo que nos ten abraiados e por suposto a Elena Ferro polos seus zocos.

escaparate-ela diz-dec 2

Vestido Pé de Chumbo, chaqueta Aguamarina pendentess Iomiss zocos Elena Ferro.

escaparate-ela diz-dec 3

Abrigo AZabala bolso Nice Things e de novo pendentes Iomiss e outra versión bicolor dos zocos de Elena Ferro.

escaparate-ela diz-dec 1


Angeles Rapaza Ela Diz

Hoxe móstrovos a Angeles e o seu gusto polas cousas ben feitas.

Na imaxe superior con zocos de pelo negro de Elena Ferro e a continuación con vestido granate de punto da deseñadora Pé de Chumbo.

Grazas Angeles e saúdos!

 


Judith Rapaza Ela Diz

Empezamos a semana cun vestido da deseñadora Nerea Lurgain.

Na imaxe Judith cun divertido vestido en cor teza con serigrafía en azul e con cordóns na parte inferio para poder subir ou baixar o longo,  o que ofrece multitude de posibilidades. Judith grazas e apertas, artista!


Escaparate Ela Diz

Amósovos as novas do noso escaparate

Detalle dos bolsos de Nice Things, a esquerda bolso maletín en cor azul e a dereita bolso carteira gris con vivos en marrón  e para os pes zapatos de vértixe de Elena Ferro.

A continuación detalle do vestido manga farol e cinto en coiro de Elisa Cortés con boina de Céline Robert e colgante de Manitas de plata, e mono bicolor de Amaia Zabala

 


Escaparate Ela Diz

Amósovos outra proposta do noso escaparate, esta vez de máis abrigo para a derradeira semana do mes de outubro.

Á dereita da imaxe, vestido Laga con bufanda Oriol e abrigo de lá de Nice Things. Á esquerda pantalóns campana con top e chaqueta de Aguamarina Paris e gorra de Céline Robert.

Vestido Pé de Chumbo

Bolso Oobuka en cor mostaza, zocos Elena Ferro e bolso ante de Laga.

Detalle do vestido de Pé de Chumbo e colar de Lindoron.


Sra. Bodil Rapaza Ela Diz

Na imaxe amósovos á Sra. Bodil cun deseño das irmás que forman Ambrosia Pitigüil, neste caso a Sra. Bodil decidiuse polo vestido de bolboretas nun favorecedor ton amarelo.
Grazas pola simpatía e apertas!


Teresa, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a proposta da firma Xerezana . Combinación de vestido e bolero en tons gris, negro e marfil. Teresa coma sempre moitas grazas pola túa simpatía.


Marta, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos un dos vestidos das deseñadoras vascas Ambrosía Pitigüil. Con escote en V,  estampado romboide, feminino e moi cómodo. Marta moitísimas grazas !


Paula, Rapaza Ela Diz

Na imaxe vestido da firma danesa Signal. Un vestido de cadeira en tons azul gris e negro. Encantada de coñecerche Paula e moita sorte!


Cristina, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos  un dos vestidos con máis encanto  da deseñadora Sara Coleman. Cunha cremallera de vertixe nas costas que fai un corpo 10. Moitas grazas Cristina!