Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “vestido Santiago de Compostela

Elvira, Rapaza Ela Diz

Hoxe amósovos un look de novos deseñadores. Vestido da  Londiniense Scaline en cor champagne combinado cun cinto marrón das Bilbainas  Ambrosía Pitigüil. Grazas Elvira, bicos.


Mercedes, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Mercedes que se achegou a Ela Diz tras ser unha das gañadoras do cheque regalo polo noso 1º Aniversario.

Decidiuse  por un deseño de Elisa Cortés,  en punto de seda e pétalos na parte superior do escote. Como sempre un pracer charlar convosco.


A sinerxía do Escaparate Ela Diz

Tras as rebaixas por fin demos un cambio ao noso escaparate e á tenda.

Estamos moi contentos porque cada pequeno detalle achegouno unha persoa diferente, desde amigos, familia, clientes… Así que desde aquí quero agradecer a Muña polas caixas de froitas, á tía Luchi pola vaixela, a Pepe pola pintura, ao Gato Cósmico polos seus marcos inchables, a Lady Desidia polas súas ilustracións, a Fiz pola iluminación e montaxe e a Celia polo seu cadro. Desta última falaremos nun futuro porque seguro que seguimos colaborando. Grazas a tod@s!