Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “tote boh

Hernani

Faime especial ilusión que a derradeira bolsa de Boh viaxe ata a miña terra. E máis se vai a Hernani, pobo natal do meu pai.
Boa viaxe e lembra que «paso a pasiño faise ou camiño»


Desde Vedra, Boh

Co sol que  temos, parece que as bolsas de Boh reprodúcense como os cogumelos.

boh-paso a pasiño faise o camiño

boh-mala herba nunca morremala herba-boh


Tipografía Galega

Cando era unha rapaciña, tiña un truco para recoñecer aos Alemáns. Sempre ían coa súa bolsa de algodón e cunhas sandalias, que parecía que as repartían gratis.
Sempre pensei que os alemáns eran ante todo prácticos e que o da moda non ía con eles.
Pero ao cabo dos anos, mira ti, que aquelas bolsas se converteron nos famosos «tote» e as súas sandalias que case sempre levaban con calcetíns brancos son as famosa birkenstock.
¿ Gustaranlles aos Alemáns os Totes feitos en Galcia?

 

tote-Boh-mala herba nunca morre-Barbara


Refraneiro Galego

Desde Vedra temos a sorte de presentarvos o proxecto de Isa Albela, BOH.
Tras acabar os seus estudos de deseño e fotografía artística e probar sorte no mundo laboral Isa decidiu deixar o seu traballo e dedicarse de cheo a BOH.

Imagen

BOH é un proxecto de deseño e creación gráfica que nace coa idea de romper o estereotipo que o define. Representa , un “berro de guerra” que se reflexa mediante a creación e a valoración da nosa forma de ser e de todo o que nos rodea, coa creación de deseños divertidos e simples que se verán aplicados a diferentes formatos e materiais.

Imagen

O refraneiro popular galego en totes XL cunha tipografía única.

Imagen

Detalle do packaging

Imagen