Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “tocados

Elena Rapaza Ela Diz

Estes últimos anos os tocados souberon atopar o seu oco e son moitas as apaixonadas que non dubidan en levalos, sobre todo en ocasións especiais.

A min persoalmente non me gustan moito, pero cambiei de idea en canto descubrín o traballo de Andrea Baragaño.

As súas pezas integramente realizadas a man, non son tanto tocado  senón máis ben diademas e ademais das que podes levar calquera día!

Imagen
Na imaxe Elena con diadema da serie Nazaré con posibilidade de  levar como colgante.
Apertas Elena, seguimos en contacto!


Cristina Rapaza Ela Diz

Os pequenos detalles sempre contan.

Imagen

Na imaxe podedes ver a Cristina cun deseño de Andrea Baragaño Xoias. Unha diadema de inspiración helénica que consegue darche un punto diferente. Grazas Cristina e apertas.

Imagen

 


Pilar Rapaza Ela Diz

Xoias até na cabeza, iso é o que ocorre cando descobres o traballo de Andrea Baragaño. En especial a súa colección 1968 Nazaré, colección de tocados inpirados nunha maleta que Andrea atopou nun mercadillo, da que obtivo o nome do dono, unha dirección na nosa veciña Portugal, en concreto Nazaré e o cheiro a coiro vello.

Imagen
Na imaxe podedes ver a Pilar cun deses tocados que ademais ten un dobre uso, porque se pode levar tamén como colar.
Grazas Pilar.

Imagen