Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “tiendas originales santiago de compostela

Carapucha para que!

Algún día poderá estrear a carapucha. Digo eu!


Ollo

Este non perde detalle.


Laberinto

Tres anos despois, atopounos de novo. E novamente escolleu un deseño de Milena Colella.#azonamonumentalasvecespareceunlaberinto


Truco

Este xersei ten truco.
Para máis información… teredes que vir ata aquí 🙂


Moitas Grazas!

Grazas ! por seguir o noso blogue 🙂

Grazas ! por vir desde Ourense 🙂

Parabéns ! polo teu  corte de pelo 🙂

E por suposto:

Grazas  e  parabéns ! por escoller unha das pezas da serie xeometría de Olmo Blanco.


Beizos

Eses beizos vermellos merecen unha estrea.#novidades #outono17


Cuñas

As expertas en alturas din que son comodísimas.

Apura!  Escolle a  cor e aproveita as rebaixas 🙂


Mariñeira

Proposta mariñeira das nosas rebaixas deste verán 17.


Sen azucre, pero Kojak

Desta volta un kojak con unha combinación moi pastel. Sen azucre e peza única !

Guardar

Guardar


Unha gañadora para dous pares

Hai uns días, preguntei que calcetíns vos gustaban máis: se os de raias ou os de estrelas. podedes velo aquí
Como a través de facebook non había consenso, decidín sortear  os  dous pares.
A gañadora resultou ser de Lugo, pero a pesar da distancia aquí a tedes. Contentísima  con ser a gañadora do concurso improvisado. Bicos e apertas:-)


Perfil xeométrico

Rodeada de círculos ata atopar uns triángulos.


Complicidade

Tarde de compras e risas


Éche o que hai!

O máis complicado é escoller entre as sete propostas de deseño serigrafiado feito en galiza. De Vedra ao mundo!


Algas

Plantas marinas unha pincelada de azul e raias.

Guardar


Interconectadas

Coñecémonos hai 6 anos na Praza de Fuenterrabia. Unha de Bilbo e outra de Donostia.  As dúas namoradas dun galego e compartindo moitos gustos.
Pero hai un aspecto que nos diferencia moito e é que Zaloa é toda unha artista. Agora mesmo  con exposición no Guggennheim por si queredes botar un ollo ao seu traballo.

Guardar


Todoterreno

Son tan chulos que poderás fardar deles en calquera ocasión.


Pequenas xoias

Unha xoia para ti e outra para mi.


Unha décima de segundo

A física é un pracer >3 #AntonioVega


Extraterrestres

Onte lin na prensa que Iker Jiménez vai vir a Santiago a estudar uns supostos casos paranormales.
Se cadra mandámoslle tamén á Praza do Obradoiro.
Se a el non lle vén ben, seguro que vos quedará precioso enmarcado nas vosas casas.

Guardar


Toxo, si !

Se ao longo de toda a túa vida chamáronche toxo.
Esta é a túa oportunidade! Decora a túa casa e dillo a todo o mundo.

Guardar


OlLo!

Á primeira hora terá que levar unha chaqueta, pero ao medio día seguro que triunfa.


Todoterreno

Unha saia 10. Con cinto dourado por si precisas un aspecto máis elegante.


As nais sempre teñen razón.

Iso é o que me dixo hai uns días unha amiga, cando falabamos sobre un consello que me deu a miña nai. Faille caso, que as nais sempre teñen razón.
Imos seguir o consello e apostar pola #primavera2017.


Sábados enxoiados.

Con esta xoia pouco máis precisarás.