Chus Rapaza Ela Diz
Esta mañá empezamos cunha proposta chegada dende o Norte de Europa, e é que os Daneses coñecen o frío e saben como combatelo.
Na imaxe Chus con chaqueta de la, en dous tons de grises e con peche de corchetes de Signal. Un saúdo Chus e moitas grazas.
Amaia Rapaza Ela Diz
Hoxe amósovos un dos bolsos máis coquetos e con mais exito da tenda.
Amaia, unha moza de Durango que nos visitou recentemente, namorouse do bolso-cluch da firma vasca Laga, como vedes na imaxe.
A continuación detalle do bolso tamén dispoñible na nosa tenda online eladiz.com
Eskerrik asko Amaia eta ondo ibili!
Xa está aberta a nosa tenda online
Xa vos anunciamos hai unhas semanas a apertura da nosa tenda online. E hoxe por fin, faise realidade o noso soño. Todo isto sería imposible sen a axuda de Paula e Jaime, así que dende aquí, grazas aos dous.
A idea orixinal xurdiu tras a demanda de moitas das nosas clientas, que nos coñeceron tras a súa viaxe a Santiago, de poder comprar os nosos deseños desde os seus lugares de orixe. Outra idea foi a de crear unha sección Outlet onde atopar oportunidades únicas a prezos irresistibles.
COMENTARIOS