Luz Rapaza Ela Diz
Na imaxe superior podedes ver a Luz cunha chaqueta da firma Nice Things. Unha bonita combinación de cor para esta chaqueta de manga curta. Grazas por todo Luz e apertas.
Unha Brasileira, Rapaza Ela Diz
Hoxe amósovos un dos deseños de Amaia Zabala.
Unha camiseta con superposición de tecidos. Pola cara interna algodón branco con topos e na cara externa unha gasa en gris claro e detalle de peto no peito. Grazas «Brasileira», un pracer coñecerche!
Jemma & Katherine, Rapazas Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Jemma e Katherine vestidas ambas con deseños de Ambrosia Pitigüil.
Katherine decantouse polo vestido vermello vintage drapeado que complementou cun cinto de coiro en ouro vello e sandalias. Jemma optou polo vestido amarelo de bolboretas con cinto rosa e os zocos abertos de Elena Ferro.
Grazas mozas, espero que gozásedes da Noite Compostelá.
COMENTARIOS