Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “tienda online moda santiago de compostela

Rocío Rapaza Ela Diz

Na imaxe superior móstrovos un dos deseños do Brasileiro Hoertonn. Un vestido globo en ton gris perla,con detalle en cores vibrantes na parte superior e con carapucha. Como sempre un vestido moi cómodo e neste caso con posibilidade de resgardarche dos días chuviosos. Grazas Rocío, foi un pracer coñecerche


Estrella Rapaza Ela Diz

 

Na imaxe superior podedes ver a Estrela  cunha camiseta da firma Bande Originale. Con escote pico asimétrico, pespuntes en gris e falsos petos laterais. Grazas Estrela un saúdo


Maite, Rapaza Ela Diz

A continuación podedes ver a Maite vestida con saia e camiseta de Luna Moreno. Unha bonita combinación de cores asinada polas novas deseñadoras. Maite moitas grazas eapertas.

Se vos gustou a combinación aínda podedes atopar as pezas na nosa tenda online  ww.eladiz.com e por suposto na nosa tenda física.


Liis, Rapaza Ela Diz

Na imaxe superior podedes ver a Liis cun blazer da firma Nice Things. De cor gris e con detalles en branco e amarelo nos puños,  petos e pescozo, ademais duns orixinais botóns en forma de flor acabados cun brillante.
Liis apertas e grazas.

 

 


Lene, Rapaza Ela Diz

Hoxe móstrovos a Lena cun look AZabala.

Vestido de satén negro con detalle de rede no ombreiro e un drapeado na parte inferior e blazer negro de manga francesa. Lene grazas pola túa simpatía, un pracer.


Rosa, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Rosa, cun vestido das deseñadoras Catalás, Luna Moreno.

 

Unha combinación de area e champagne, con escote morcego.

Un xogo de contrastes, como é habitual nelas, volume contraposto a zonas cinguidas. Rosa moitas grazas e un saúdo.