Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “tenda online

Cris & Compañía

Os beneficios de ter unha mascota son innumerables, pero ademais podémoslle engadir unha nova! Cando es un pouco tímida non hai como pousar co Rei ou a Raíña da casa.
Isto é o que fixo Cris, que me enviou esta foto desde Oviedo cos seus zocos en coiro verde de Elena Ferro. Grazas Cris e apertas a tod@s!

Imagen


Montse Rapaza Ela Diz

Montse é unha desas clientas que a pesar de coñecela desde que abrimos a tenda nunca cadrara o de ser unha Rapaza Ela Diz… até hoxe!

vestido-malahierba-Montse
Na imaxe cun deseño de Malahierba atelier, un vestido nunha bonita cor azul con ilustracións como é habitual nas súas pezas.
Montse grazas por ser así, un bico guapa!

 


Mª Carmen Rapaza Ela Diz

Os zocos e as súas lembranzas…
Ter os zocos de Eferro fixeron posible que coñeza de preto as historias de familias, de recordos da infancia, de ilusións como no caso de Mª Carmen á que vedes na imaxe cos seus zocos de motas coa que puiden compartir unha infinidade de historias da vida de Galicia de fai xa uns cuantos anos. Apertas e grazas parella!

zocos-eferro-Mª Carmen


Chus Rapaza Ela Diz

Esta mañá empezamos cunha proposta chegada dende o Norte de Europa, e é que os Daneses coñecen o frío e saben como combatelo.

Na imaxe Chus con chaqueta  de la, en dous tons de grises e con peche de corchetes de Signal. Un saúdo Chus e moitas grazas.


Amaia Rapaza Ela Diz

Hoxe amósovos un dos bolsos máis coquetos e con mais exito da tenda.

Amaia, unha moza de Durango que nos visitou recentemente, namorouse do bolso-cluch da firma vasca Laga, como vedes na imaxe.
A continuación detalle do bolso tamén dispoñible na nosa tenda online eladiz.com

Eskerrik asko Amaia  eta ondo ibili!


Xa está aberta a nosa tenda online

Xa vos anunciamos hai unhas semanas a apertura da nosa tenda online. E hoxe por fin, faise realidade o noso soño. Todo isto sería imposible sen a axuda de Paula e Jaime, así que dende aquí, grazas aos dous.

A idea orixinal xurdiu tras a demanda de moitas das nosas clientas, que nos coñeceron tras a súa viaxe a Santiago, de poder comprar os nosos deseños desde os seus lugares de orixe. Outra idea foi a de crear unha sección Outlet onde atopar oportunidades únicas a prezos irresistibles.


Queda inaugurada a nosa nova Ela Diz online!