Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “tenda online santiago de compostela

Sandra Rapaza Ela Diz

Na imaxe superior podedes ver a Sandra cun vestido cor berenjena con sobre-saia da deseñadora Elisa Cortés.  Apertas Sandra


Novas propostas

Hoxe propóñovos un avance da colección de outonoda firma Xerezana Elisa Cortés.

Deseños de cortes básicos, elegantes e atemporales.

Que vos parecen, apetécevos un paseo pola praia?

 


Luz Rapaza Ela Diz

Na imaxe superior podedes ver a Luz cunha chaqueta da firma Nice Things. Unha bonita combinación de cor para esta chaqueta de manga curta. Grazas por todo Luz e apertas.


Rocío Rapaza Ela Diz

Na imaxe superior móstrovos un dos deseños do Brasileiro Hoertonn. Un vestido globo en ton gris perla,con detalle en cores vibrantes na parte superior e con carapucha. Como sempre un vestido moi cómodo e neste caso con posibilidade de resgardarche dos días chuviosos. Grazas Rocío, foi un pracer coñecerche


Maite, Rapaza Ela Diz

A continuación podedes ver a Maite vestida con saia e camiseta de Luna Moreno. Unha bonita combinación de cores asinada polas novas deseñadoras. Maite moitas grazas eapertas.

Se vos gustou a combinación aínda podedes atopar as pezas na nosa tenda online  ww.eladiz.com e por suposto na nosa tenda física.


O agosto do mes de xullo

Por que esperar ao mes de agosto para dar un cambio ao teu armario? Dende hoxe aproveita,  recicla e merca a prezos irresistibles!


María Rapaza Ela Diz

Na imaxe amósovos a María cun vestido da firma Aguamarina, de cor negra con topos e un drapeado transversal na parte dianteira. Grazas María e bicos guapa!


Clara, Rapaza Ela Diz

Preséntovos a Clara, cun vestido negro de punto de seda e  pescozo de coiro en ouro vello da firma Elisa Cortés.  Sinxelo, elegante e moi cómodo, un vestido apto para poñer en diversas ocasións. Grazas Clara e apertas aos dous.


Lene, Rapaza Ela Diz

Hoxe móstrovos a Lena cun look AZabala.

Vestido de satén negro con detalle de rede no ombreiro e un drapeado na parte inferior e blazer negro de manga francesa. Lene grazas pola túa simpatía, un pracer.


Raquel, Rapaza Ela Diz

Na imaxe amósovos  a Raquel cun deseño do Brasileiro Hoertonn. Un vestido negro con contraste en rosa fucsia.  Un bico guapa, e moitas grazas.


Elvira, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Elvira cun vestido da firma Elisa Cortés. En punto de seda de cor negra e cunha tira de coiro en ouro vello para encaixar ao pescozo. Grazas Elvira, apertas.


Nami, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver un dos vestidos da firma Elisa Cortés.Un estampado que ilumina o rostro. Grazas Nami pola túa simpatía, apertas.


Mª Concepción, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver  estes bonitos pendentes da xoven Iomiss.

Unha combinación perfecta para este verán que combina o vermello con coral branco. Moitas grazas Mª Concepción, espero que o teu desexo de lembrar Compostela, o cumpras con frecuencia.


Ilustracións Celia Pía

Hoxe temos o pracer de ensinarvos as ilustracións de Celia Pía, de quen xa vos falamos hai uns meses cando vos ensinamos un dos seus traballos.

Ilustración Falconet y la aprendiz. Celia Pía 
Esta vez Celia preséntanos as súas ilustracións, imprimación de orixinais realizadas en acuarela, asinadas e de tirada limitada. En papel verjurado e cunhas dimensións de 21x 30.

Ilustración Mujer Corazón. Celia Pía

Déixovos co seu autoretrato

Non lembro cando descubrín a arte, cando sentín por primeira vez a música.
Soño e imaxino que mos trouxen entre os latexados.

Nacín cunha á, aluguei outra e probei a voar.
O primeiro voo foi a través dun son, nesa viaxe atopei a cor.

A arte, a música, son os camiños que elixín para entender a vida.
Expresarme a través deles é sentir por un momento que nin un só lado do meu cae ao baleiro.

A miña profesión? Expresionista.

Ilustración Delfirena. Celia Pía

Ilustración Microclima I. Celia Pía 

Si queredes podedes pasar por Ela Diz e velas de preto!

 


Unha Brasileira, Rapaza Ela Diz

Hoxe amósovos un dos deseños de Amaia Zabala.

Unha camiseta con superposición de tecidos. Pola cara interna algodón branco con topos e na cara externa unha gasa en gris claro e detalle de peto no peito. Grazas «Brasileira», un pracer coñecerche!


Dende Francia, Aguamarina

Aguamarina, firma francesa destaca por ese toque chic en cada un dos seus deseños.

Pezas realizadas en punto de seda, favorecedoras e fáciles de levar en días calorosos como os de  hoxe.

 

Si queredes ainda mais,  podedes ver o vídeo da colección SS 2012.
Espero que vos guste!


Anja, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos a Anja by Elisa Cortés.

Anja visitounos hai uns días despois de facer o Camiño e prometeunos enviarnos as fotos desde Alemaña na voda dunha amiga. Anja, moitas grazas por lembrarte de  de nós. Apertas

Vestido en punto de seda con detalle no escote en forma de pétalos


O novo de Chula

Hoxe temos o pracer de anunciarvos a chegada a Ela  Diz, do último de Chula.

 

Para quen non coñece esta firma, dicirvos que detrás dela están Laura e Diego, dous Galegos afincados no Vietnam.

 

 

O traballo que realizan está cheo de cor e imaxinación.

 

 

Pezas pensadas para mulleres que gustan de vestir dunha maneira diferente.

 

 

Un traballo artesanal realizado integramente en  seda.

 

 


Jemma & Katherine, Rapazas Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Jemma e Katherine vestidas ambas con deseños de Ambrosia Pitigüil.

Katherine decantouse polo vestido vermello vintage drapeado que complementou cun cinto de coiro en ouro vello e sandalias. Jemma optou polo vestido amarelo de bolboretas con cinto rosa e os zocos abertos de Elena Ferro.
Grazas mozas, espero que gozásedes da Noite Compostelá.