Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “tenda online roupa santiago de compostela

Liis, Rapaza Ela Diz

Na imaxe superior podedes ver a Liis cun blazer da firma Nice Things. De cor gris e con detalles en branco e amarelo nos puños,  petos e pescozo, ademais duns orixinais botóns en forma de flor acabados cun brillante.
Liis apertas e grazas.

 

 


Laura, Rapaza Ela Diz

Hoxe tócalle a quenda a Laura, que a pesar de que esquivou o das fotos anteriormente, esta vez non pudo evitalo. Laura leva zocos de inverno da artesá Eferro en rosa fucsia, pantalóns vaqueiros campá e cinto de charol rosa da firma Whiite, camiseta de seda con detalle de coiro no pescozo da deseñadora inglesa Scaline.

Para rematar o look, Laura camúflase baixo un precioso chapeu da mítica Sombrerería Igresias, xa sabedes unha das tendas con máis historia da cidade, moi preto de nos na Rua do Vilar.
Grazas Laura, apertas para ti e mais para Matilde.