Teresa Rapaza Ela Diz
Ainda que xa levamos un mes e medio de rebaixas, aínda podedes atopar boas opcións. Como lle ocorreu a Teresa, á quen podedes ver cun blazer da deseñadora Londiniense Scaline.
Se vos gusta o estilo aínda queda unha, esta con detalles en pel nas costas e nos cóbados, como vos mostro a continuación.
Vós sodes os importantes!
Quería acabar o ano agradecendo a todos os deseñadores, artesáns, emprendedores que coa súa sabedoría e bo facer fan posible que teñamos unha selección das súas mellores propostas en Ela Diz. Grazas de corazón por ser tan xeniais!
Á familia, amigos, veciños da Praza Fuenterrabia e clientes que aos poucos xa son case amigos, Feliz 2013!
Novas propostas desde o escaparate
A piques de rematar o mes de Decembro, amósovos as últimas propostas do noso escaparate, quizais atopedes inspiración para algún agasallo…
Vestido e chaqueta de Laga, bolso Nice Things.
Camisa de Scaline, pantalóns de Mónica Lavandera, chaqueta e foulard de Nice Things.
Pendentes Iomiss e colgante Lindo Ron.
E pos suposto zocos de Eferro.
Escaparate Ela Diz
A nosa proposta semanal para este fin de novembro…corto o longo, esta semana dámoslle os vestidos.
Vestido longo da deseñadora Portuguesa Pé de Chumbo, un vestido para una cita especial.
De negro e longo vestido da deseñadora Nerea Lurgain, con blazer de Scaline, boina de Céline Robert, fulard Oriol e colar de Lindo Ron
En verdes, bolso Oobuka e Nice Things, e zocos de Elena Ferro.
En tons tostados, vestido de Mado et les Autres, con chaquetón de Nice Things e para andar quentiña fular de topos e boina de Céline Robert.
María, Rapaza Ela Diz
Na foto amósovos a María vestida de Scaline, a nova deseñadora Inglesa. Un conxunto de vestido e blazer en tons rosa e berenxena. Moitas María pola túa colaboración.
From London to Ela Diz
Hoxe mostrovos o traballo da xoven deseñadora Scaline.
Os seus deseños, integramente realizados con fibras naturais, pretenden vestir a unha muller que aposta polo deseño, a elegancia e que resulta apto para calquera circunstancia tanto laboral como personal.
COMENTARIOS