Cristina Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Cristina cun Blazer da deseñadora Scaline. Unha chaqueta entallada con detalles en coiro nos ombreiros e nas trabilla e un bonito corte nos puños. Cristina grazas e apertas.
Chiara Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver un dos vestidos da deseñadora franco-alemá Scaline afincada en Londres. Un vestido de encaixe negro, con corte na cintura e unhas bonitas mangas. Un vestido feminino e super cómodo . Chiara moitas grazas e un bico guapa!
O novo de Scaline
Hoxe móstrovos as últimas novidades chegadas dende Londres e deseñadas por Anne-Sophie.
Vestido con mangas en coiro lavable
Unha rapaza franco-alemá creadora da marca Scaline.
Camisa viscosa con detalle nos puños
Pezas que reunen calidade de tecidos, cortes modernos, deseños atemporales e moita comodidade.
Blazer de lá con detalle de coiro nas costas e nos brazos
Laura, Rapaza Ela Diz
Hoxe tócalle a quenda a Laura, que a pesar de que esquivou o das fotos anteriormente, esta vez non pudo evitalo. Laura leva zocos de inverno da artesá Eferro en rosa fucsia, pantalóns vaqueiros campá e cinto de charol rosa da firma Whiite, camiseta de seda con detalle de coiro no pescozo da deseñadora inglesa Scaline.
Para rematar o look, Laura camúflase baixo un precioso chapeu da mítica Sombrerería Igresias, xa sabedes unha das tendas con máis historia da cidade, moi preto de nos na Rua do Vilar.
Grazas Laura, apertas para ti e mais para Matilde.
Elvira, Rapaza Ela Diz
Hoxe amósovos un look de novos deseñadores. Vestido da Londiniense Scaline en cor champagne combinado cun cinto marrón das Bilbainas Ambrosía Pitigüil. Grazas Elvira, bicos.
COMENTARIOS