Sara Coleman visita Ela Diz
Hoxe podémoslle pór cara á deseñadora Sara Coleman, que nos visitou hai uns días.
Con esa enerxía é fácil de entender o seu explendido traballo. Grazas Sara, pola visita e polo teu traballo, apertas!
Escaparate Ela Diz
Móstrovos as novas propostas do escaparate Ela Diz.
Por un lado diferentes alternativas á hora de vestir, e por outros pequenos detalles para decorar ese recuncho preferido.
En tons azuis, vestido estampado e parka de Nice Things, en area, negro e branco saia e camisa de Luna Moreno, e en coral vestido asimétrico de Sara Coleman.
Novidades Sara Coleman
Hoxe móstrovos unha pincelada da nova colección da deseñadora Galega Sara Coleman, de quen din, é unha das que pisan forte como relevo dos deseñadores nacionais de sempre.
En liño e algodón pódese destacar a caida e lixeireza das súas propostas. Un estilo urbano deportivo con toques modernos.
Elisa, Rapaza Ela Diz
Na imaxe móstrovos un vestido da deseñadora galega Sara Coleman. En antelina troquelada con cremallera dianteira, é a peza máis polivalente da súa colección de inverno. Como vedes na imaxe Elisa lévao a modo de abrigo, un saúdo.
Alba, Rapaza Ela Diz
Na imaxe móstrovos a saia asimétrica da deseñadora galega Sara Coleman. Con amplos petos laterais e cunha caida bárbara. Grazas Alba!
Ana, Rapaza Ela Diz
Aproveitando que Sara Coleman desfila hoxe en Mercedes Benz Fashion Week Madrid, móstrovos un dos seus deseños para este inverno. Unha blusa antracita na que destaca a antelina troquelada dos seus puños e parte superior. Ana grazas foi un pracer coñecerche
Anxos, Rapaza Ela Diz
Na imaxe móstrovos un dos deseños da diseñadora galega Sara Coleman. Un vestido de antelina troquelado con cremallera dianteira. Grazas Anxos.
Ana, Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver un vestido da deseñadora galega Sara Coleman. En cor antracita, resaltando as curvas e moi feminino. Apertas Ana.
Rosa, Rapaza Ela Diz
Hoxe propóñovos unha mestura moi especial. Por unha banda saia da deseñadora galega Sara Coleman combinada cunha camiseta máis informal da casa danesa Signal. Grazas Rosa.
Lourdes, Rapaza Ela Diz
Na imaxe móstrovos outra das propostas da deseñadora galega Sara Coleman. Unha blusa en cor navy, combinado con antelina en puños e parte superior. Lourdes moitas grazas, guapa!
Cristina, Rapaza Ela Diz
Na imaxe móstrovos un dos vestidos con máis encanto da deseñadora Sara Coleman. Cunha cremallera de vertixe nas costas que fai un corpo 10. Moitas grazas Cristina!
COMENTARIOS