Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “Reisen nach Santiago de Compostela Santiago de Compostela besuchen

Facendo colegas en Compostela

Na imaxe podedes ver a Zaloa e Patricia. Dúas rapazas casi veciñas. Unha de Bilbo e outra de Santander pero con moito en común. Entre elea a Artesanía Galega.

cestos-idoia cuesta-Zaloa y Patricia

Namoradas en principio dos zocos de Eferro, non dubidaron ante os cestos de lá de Idoia Cuesta. Bicos rapazas!!


Investindo en Galicia

Agora que estamos en plena campaña electoral eu propóñovos apostar polos produtos feitos en Galicia.
Na imaxe un colar das Redeiras de Corme.

Imagen


Transparencias en branco e negro

O novo de AZabala xa está en Compostela. Hoxe pequena mostra da súa nova colección para esta primavera verán.

Imagen

Mesmo concepto de deseño plasmado en dúas propostas diferentes. A comodidade dos vestidos oversize e a elegancias dos monos slim.

Imagen


Conexión Peliqueira

Desde Castro de Laza enviáronnos onte estas fotos. Lucía, Ana e SIlvia entre outros,  percorreron as rúas  cos seus pendentes de Peliqueiros. O primeiro Entroido cas xoias da súa festa mais querida.  Apertas e bicos para todos vós.

Imagen

Imagen


Inspirada na Tradición

Proposta do día: colar Os Maios de Ana Miguéns, para celebrar con flores a ausencia de choiva.

Imagen