Hoxe présentovos as novas Xoias con Historia. Os broches Seguros Mutuos Santiago.
Para empezar, faremos un pouco de historia:
A primeira organización da loita contra o lume denominada Compañía de bombeiros da cidade de Santiago foi creada no ano 1865 mediante un concerto entre o Concello e a Compañía de seguros mutuos contra incendios, que tiña rótulos identificativos gravados en azulexo que seguen conservando a maioría dos edificios do Casco histórico.
Ferraxe de Prata colleu o nome das placas para traballar en prata, latón e bronce estas preciosas réplicas dos edificios de Compostela.
Poderedes escoller entre diferentes edificios e distintos acabados.
COMENTARIOS