Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “rebaixas 2013

Anabela e Carolina Rapazas Ela Diz

Empezamos a semana con dúas amigas que nos amosan dúas alternativas diferentes, pero ambas moi fresquiñas. Camiseta de edición limitada de Mónica Lavandera e shorts de Bande Originale. Un pracer coñecervos a todas, bicos!

Imagen


Nazife Rapaza Ela Diz

Hoxe móstrovos a Nazide cun deseño moi especial dos Cataláns Malahierba. Unha alternativa interesante  para saír esta noite calorosa.

Imagen


Carlota Rapaza Ela Diz

Os deseños do Brasileiro Hoertonn gustan pola súa comodidade e polo seu colorido. Unha boa opción para o día a día. Na imaxe Carlota con vestido azul e detalle en rosa fucsia e azul eléctrico. Bicos e grazas.

Imagen


Planazo!

1. Acudir ás Festas da Rúa San Pedro.
2 Desfile moda no que participamos na Cidade da Cultura.
3 Mañá praia e relax
4 Partido de ascenso a segunda B da SD Compostela. Na Nave de Vidan en pantalla grande!
5 O luns inicio das Rebaixas!!!!!
E para moitos destes plans dúas propostas diferentes

Imagen

Elina con camiseta ilustrada de MiClo e a Ana con vestido de Mónica Lavandera. Dúas persoas, dous estilos, dúas deseñadoras, pero sempre deseño nacional.


Loli Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Loli cun vestido de Nice Things en cor crema e con botonadura nas costas. Ela prefire personalizalo cun cinto e levalo como blusón cos seus vaqueiros, unha boa idea!. Loli bicos e apertas.

Imagen


Novas propostas e descontos do 50%

Rematamos o mes de xaneiro con descontos do 50%. Mentres aproveitamos para ensinarvos as últimas propostas da semana.

ImagenImagenImagen


As Rebaixas e a tecnoloxía.

En plena era dixital onde case todo o mundo tolea  por un smart phone, unha tablet,  ou a última novidade tecnolóxica, atopamos unha imaxe moi inspiradora en pleno centro de Barbantes. Un bico forte para a familia González, sodes únicos ! e por suposto outro para o fotógrafo !

rebaixas xaneiro

 

rebaixas xaneiro 1