Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “pendentes santiago de compostela

Novidades Latonta y Larubia

Agardando a nova colección, que está a piques de chegar, hoxe móstrovos o último de Latonta e Larubia.


Para os que non os coñezades, dígovos que  Latonta e Larubia son dúas amigas que quedan os domingos pola mañá para ir pasear coas súas zapatillas deportivas brancas. É nestes paseos domingueros, é onde se coce todo o que fan. Porque estas son xoias de domingo.


Aínda que en realidade os deseñadores nin son “tontos” nin “rubios” son dous mozos que tras estudar Belas Artes e Xoiaría xuntáronse para realizar estas preciosas xoias feitas a base de pedras naturais, latón,  ornamentos de mobles antigos e sobre todo moita arte.

Anuncios

Novidades Manitas de Plata

Ante o exito do traballo de Manitas de Prata, hoxe móstrovos de novo, as pezas recén chegada ata Ela Diz.


Bonitas ilustracións feitas xoias que asinan Carmen e Mariña baixo o nome de Manitas de Prata.

Colgantes e pendentes con ilustracións únicas que combinan a cerámica, a pasta de papel e que acaban cun baño de ouro.


Malicia chegou a Compostela

Ela Diz énchese de Malicia e amósavos o traballo dos seus dous deseñadores, ambos con formación e experiencia en diferentes disciplinas profesionais e oficios afíns á xoiaría.

Gargantilla colección Octubre

Gargantilla colección Octubre.

Ademais do estudo-taller, situado en madrid pero conectado co mundo, conta con colaboracións regulares de profesionais de diferentes sectores afíns á creación.

Conxunto colección Bailarinas 

Pendentes colección Bailarinas en prata e cobre.

Colgante, gargantilla, pulsera en cobre e organza.


As ilustracións feitas xoias

Hoxe amósovos as últimas novidades de Manitas de Prata.

O traballo de 2 irmás baseadas nas ilustracións persoais de personaxes imaxinarios, contos, e en definitiva unha inspiración baseada nas cousas sinxelas e marabillosas da vida real e non tan real.


Broches, colgantes e pendentes que namoran a primeira vista.

Desta volta póderedes atopar pendentes combinados con baño de ouro.

Bonitos broches para cada tipo de muller.

Tedes a posibilidade de escoller broches con cadea de prata o con baño de ouro

Sempre ca firma ou selo das deseñadoras Manitas de Plata.


Mª Concepción, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver  estes bonitos pendentes da xoven Iomiss.

Unha combinación perfecta para este verán que combina o vermello con coral branco. Moitas grazas Mª Concepción, espero que o teu desexo de lembrar Compostela, o cumpras con frecuencia.


Día da Nai

A semana pasada xa vos demos algunhas ideas para ter un detalle o Día da Nai. Hoxe ensínovos algunha outra idea para que vos sirva de inspiración.

Moedeiro Ana Yaiza

Foulard multicolor en seda e algodón de Oriol I Cabanas

Bolso sobre con asa e bandoleira de Nice Things

Pendentes dos Ourensáns Vodevill

 


Madoka, Rapaza Ela Diz

Hoxe móstrovos a Madoka con pendentes de Julia Figueroa, uns aros de latón e  pedra natural.

 

Madoka foi un pracer falar contigo, moita sorte alén  no teu próximo destino e grazas pola info sobre a comida xaponesa, tentarei polo en práctica…