Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “peliqueiros laza

Calquera ocasión é boa

Aínda que arroie Bo Entroido 🙂

peliqueiros-pendentes


Sorteo!!!! Comida que está de Moda

O mes de Setembro empeza cunha bonita colaboración: Comida que está de moda.

Imagen
O Bandullo do Lambón

Imagen

e Ela Diz

Imagen

unímonos para ofrecervos Moda e Comida de Moda.

Por cada 25 € de compra  en Ela  Diz, participa non sorteo de 3 propostas  O Bandullo do Lambón.

Imagen

Cea  Galega  para  dous

  • Viño de Autor Merencio, denominación de Orixe Ribeiro.
  • Arroz con zamburiñas, Pescasana, A Pobra do Caramiñal.
  • Pate de sardiñas do mar, Vilanova de Arousa.
  • Mexillóns en escabeche picantes, Luis Escurís Batalla, A Pobra do Caramiñal.
  • Amendoados de Allariz.
  • Botella de crema de augardante, Habelas Hailas, Noia

Imagen

Disfrutar sen apenas cociñar

  • Soufflé de canard, Les Landes Francia.
  • Cervexa Artesanal Peregrina,  Santiago de Compostela.
  • Tortilla patacas e boletus listo para cociñar, Vilalba.
  • Conservas sardiñas en tomate Jose Gourmet, Portugal.
  • DYI arroz con leite sabor chocolate e caramelo, Francia.

Imagen

Cesta  Ecolóxica

  • Cervexa Ökokrone, Alemania.
  • Arroz cremoso con setas, Portomuiños, Cerceda.
  • Cervexa Daas, Bélxica.
  • Chocolate ecolóxico con mango, Comercio Xusto.
  • Paté ecolóxico vexetal, Allos Alemania.
  • Cookies chocolate biolóxicos, Navarra.

Imagen

O sorteo celebrarase o 5 de outubro, así que tedes tempo  para gozar desta interesante proposta.


Soa ou en compañía

Os peliqueiros de Ana Miguens pódelos comprar soa ou en compañía. Todo depende de como prefiras ir de compras!

ImagenImagen


Peliqueiros para elas, Peliqueiros para eles

A nosa querida Ana Miguens, realizou un encargo moi especial para vinteunha mulleres e dous homes.

Imagen

Peliqueiros en dúas versións: broches para elas e chaveiros para eles

Imagen

#peliqueiromanía #compostela #entroidonoverán

Imagen


Escaparate con moitas posibilidades

A piques de estrear o noso escaparate das Letras Galegas, amósovos o último cambio para o escaparate actual de redes, redeiras e chumbos de pesca.

Imagen
Na imaxe  inferior podedes ver vestido de organza de seda con flores dos Portugueses Pé de Chumbo, con levita de Elisa Cortes, colar de Peliqueiros de Ana Miguens e bandoleira tricolor de Nice Things.

Imagen
A continuación vestido lima de Nice Things, colgante de Latonta e Larubia, bolso de Anuscas Family e zocos de Elena Ferro.

Imagen


Nuria Rapaza Ela Diz

Grazas a Ana Miguens, exportamos Cultura Galega polo mundo. Na imaxe podedes ver a Nuria encantada co seu colar de Peliqueiros. Desde hoxe  en Barcelona Os Peliqueiros de Laza pasearán pola rúa. Nuria un pracer coñecervos e moitas grazas por todo!

Imagen


Novas propostas

Novas alternativas desde o noso escaparate.

Por unha banda vestido de Mónica Lavandera acompañado dun colar de Ana Miguens. Imagen

En cores máis vibrantes, vestido de Malahierba Atelier con colgante de Andrea Baragaño e chaquetón de Nice Things.

Imagen

Aos pés como é habitual, zocos de Elena Ferro acompañados de bolso de man de Anusca´s Family e  maletin de Nice Things. No alto do escaparate os bolsos mais cool da Artesanía Galega feitos polas Redeiras de Corme e Malpica!Imagen


Nuria Rapaza Ela Diz

O traballo de Ana Miguens, do que vos falei fai un par de semanas, causou sensación. Cheo de cor e  inspirado na Cultura Galega.ImagenNa imaxe podedes ver a Nuria con pendentes dun dos Entroidos mais antigos do mundo, os  Peliqueiros de Laza. Bicos Nuria!

Imagen