Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “Outlet Santiago de Compostela

Carmen Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Carmen cun vestido da firma danesa Whiite, de seda, manga longa,  con goma na cadeira e un bonito escote. Carmen un pracer coñecerche a tí e a péquelas. Grazas por todo

Na nosa tenda online podedes atopar o mesmo vestido  en dous  core, si vos interesa en negro ou en rosa 


Noelia e Sandra, Rapazas Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Sandra cun vestido da firma Whiz en ton rosa pau e detalle en negro.

 

A continuación Sandra con vestido longo da firma Whiite en ton azul pastel e Noelia co vestido de Whiz, esta vez con cinto.

 

Como vedes, unha chea de oportunidades da nosa sección outlet, que estas dúas irmás aproveitaron na súa visita a Compostela. Grazas e apertas ás dúas.

 


As Gangas do Mercadillo Santiaguide

Na imaxe móstrovos a Iria, ca súa adquisición no Mercadillo Santiaguide, uns pantalóns bombachos a un prezo de risa!

Aínda estades a tempo! porque o Mercadillo Santiaguide funcionará ata mañá ás 19h, non volo perdades!


Mercadillo Santiaguide

Levamos  varios días  escoitando comentarios  sobre  a apertura  da nova  tenda de Amancio en New York, moitos metros cadrados, na 5º Avenida, no número 666,  todo moi branco, moi bonito…. pero quédanos un pouco lonxe, non?
E o Mercadillo Santiaguide, decatástesvos ?

Pois para os que vivimos neste lado do Atlántico é unha cita ineludible.  Celebrarase o 23, 24 e 25 de marzo, no  Gato Cosmico,  onde poderedes atopar unha chea de gangas de calquera das tendas que formamos Santiaguide.
Por se isto fose pouco, aqueles que veñades o domingo teredes o pracer de escoitar a Dj Fran Reixa, que animará toda a xornada.
Esperámosvos!