Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “Oriol

Escaparate Ela Diz

A nosa proposta semanal para este fin de novembro…corto o longo, esta semana dámoslle os vestidos.

Vestido longo da deseñadora Portuguesa Pé de Chumbo, un vestido para una cita especial.

De negro e longo vestido da deseñadora Nerea Lurgain, con blazer de Scaline, boina de Céline Robert, fulard Oriol e colar de Lindo Ron

En verdes, bolso Oobuka e Nice Things, e zocos de Elena Ferro.

En tons tostados, vestido de Mado et les Autres, con chaquetón de Nice Things e para andar quentiña fular de topos e boina de Céline Robert.


Escaparate Ela Diz

Amósovos outra proposta do noso escaparate, esta vez de máis abrigo para a derradeira semana do mes de outubro.

Á dereita da imaxe, vestido Laga con bufanda Oriol e abrigo de lá de Nice Things. Á esquerda pantalóns campana con top e chaqueta de Aguamarina Paris e gorra de Céline Robert.

Vestido Pé de Chumbo

Bolso Oobuka en cor mostaza, zocos Elena Ferro e bolso ante de Laga.

Detalle do vestido de Pé de Chumbo e colar de Lindoron.


Novas no Escaparate Ela Diz

Esta semana presentámosvos dúas alternativas moi diferentes, pero cun nexo  común, ambas son propostas de novas deseñadores.

Por unha banda en en ton gris, negro e branco vestido das Catalás Luna Moreno e por outro en tons amarelos con estampado de bolboretas e cinto rosa das Vascas Ambrosía Pitigüil. E todo aderezado por pequenos complementos.