Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “nuevos diseñadores de moda

OlLo!

Á primeira hora terá que levar unha chaqueta, pero ao medio día seguro que triunfa.


Vidas cruzadas

Ás veces o bo tarda en chegar. Iso é o que nos pasou con Similia Similibus Costume e a súa colección Vértices.
Como curiosidade, as nosas vidas teñen varios puntos en común. Ambas nacemos en Donostia e as dúas optamos por vir estudar a Santiago de Compostela e mesmo compartimos nome.

Vestido vertice composto por pezas, que se ensamblan por vértices, articulando vestidos poliédricos como o da imaxe.

vestido-similia similibus-Rosa


GaStRoLaB

Ainda que non nos adicamos á restauración, nin á venda de comida. Tampouco impartimos clases de cociña, nin tan sequera escribimos receitas… pero aproveitando que  o tema «gastronómico» está tan de moda, apropiámonos deste termo para avisarvos.

gastrolab- Ela Diz

Os proximos días temos traballo de campo. Porque buscamos o mellor de Galiza e do estranxeiro para tentar traer aquilo que máis vos poida gustar.
E por iso o luns, martes, mércores e xoves da semana que vén estaremos só en horario de tarde.
A partir do venres, todo volverá á normalidade 🙂


Outro éxito de AZabala

Este outono AZabala volveu a sorprendernos.  É habitual nas suás colecciónns atopar monos, pero este está a traspasar fronteiras.

mono-azabala-Eva


María Roch x 3

De novo en Compostela vestidos con transparencia de María Roch.

Podes escoller entre a sobriedade do negro, a delicadeza do verde améndoa, ou o coral máis atrevido.

vestidos-maría roch1

De seguido acompañados por pezas de Nelumbo, Iomiss e Latonta y Larubia

vestidos-maría roch & collares


Exótico pero feito na terra!

A Asturiana Mónica Cordera preséntanos de mans da espectacular Carmen Xu, algún dos seus deseños.

Imagen

Se tes algún evento e gústache ir de longo hoxe temos dúas opcións. En ambos os casos combinados con complementos de aire moi exótico pero realizados en Galcia.

Imagen

 


Todo un éxito

Empezamos o mes de abril cunha proposta de Natalie Wleeschouwer . Un vestido en crepé de seda con asimetría e cun print orixinal da casa en tons area, laranxa e negro.

Imagen

Aproveito a ocasión para agradecervos a tod@s por colaborar no noso blog. Coas vosas fotos conseguimos mostrar as nosas novidades dun xeioa máis próximo e real. Grazas 🙂

Imagen