Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “nova deseñadora santiago de compostela

Nerea Lurgain en Ela Diz

Preséntovos o traballo dunha nova deseñadora, Nerea Lurgain,  esta Donostiarra afincada na actualidade  en Barcelona.

Nerea,  Licencada en Belas Artes, trasladouse a Barcelona para cursar deseño de moda no Instituto Superior de Deseño Idep. En xullo do 2007 foi seleccionada pola Generalitat de Catalunya para formar parte do Proxecto Bressol, o que posibilitou a creación da súa propia marca.

Na imaxe superior podedes ver a Nerea na súa visita a Ela Diz
Nerea Lurgain é sinónimo de personalidade, orixinalidade, comodidade e estilo.

Ofrece unha moda real, única e natural que se afasta dos estereotipos. Moda feita en Barcelona, con dous puntos fortes: as serigrafías e o tricot.

Que vos parece?


O novo de Scaline

Hoxe móstrovos as últimas novidades chegadas dende Londres e deseñadas por Anne-Sophie.

Vestido con mangas en coiro lavable

Unha rapaza franco-alemá  creadora da marca Scaline.

Camisa viscosa con detalle nos puños
Pezas que reunen calidade de tecidos, cortes modernos, deseños atemporales e moita comodidade.

Blazer de lá  con detalle de coiro nas costas e nos brazos


Antía, Rapaza Ela Diz

Na imaxe inferior podedes ver a Antía cun dos deseños exclusivos e de edición limitada da deseñadora Mónica Cordeira, onde destaca o favorecedor escote drapeado asimétrico. Grazas Antía e saúdos.

Si visitades a nosa tenda online, www.eladiz.com  poderedes atopalo a un precio irresistible con un 50 % de desconto.