Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “nice things bolsos santiago de compostela

Unha Artista na tenda!

Faime moita ilusión a foto de hoxe. E é que artista hai moitos, pero como Ana moi poucos.
Ana para situarvos, é a artífice de todos os peliqueiros, boteiros, san andrés de teixido e marías de Ela Diz.Imagen
Na imaxe na súa última visita cun bolso de Nice Things.

Imagen

Un bico guapa e perdón polas fotos. Porque non se pode ser tan guapa e que as fotos che fagan tan pouca xustiza.
PD: un curso de fotografía non me viría nada mal, aviso para aqueles que me queran facer un regaliño 🙂


Pata de galo pero con moita cor.

Hoxe móstrovos a Esther cun dos bolsos que máis sorrisos espertan.

Imagen

Un bolso de man con estampado de pata de galo, pero con moita cor. E se isto fose pouco, tamén vén cunha bandoleira facilmente substituíble por se queres ir con mans libres