Nerea Lurgain en Ela Diz
Preséntovos o traballo dunha nova deseñadora, Nerea Lurgain, esta Donostiarra afincada na actualidade en Barcelona.
Nerea, Licencada en Belas Artes, trasladouse a Barcelona para cursar deseño de moda no Instituto Superior de Deseño Idep. En xullo do 2007 foi seleccionada pola Generalitat de Catalunya para formar parte do Proxecto Bressol, o que posibilitou a creación da súa propia marca.
Na imaxe superior podedes ver a Nerea na súa visita a Ela Diz
Nerea Lurgain é sinónimo de personalidade, orixinalidade, comodidade e estilo.
Ofrece unha moda real, única e natural que se afasta dos estereotipos. Moda feita en Barcelona, con dous puntos fortes: as serigrafías e o tricot.
Que vos parece?
COMENTARIOS