Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “mono amaia zabala

Convidada a unha voda

As vodas son momentos de celebración e de felicidade, pero ás veces a elección do traxe e do agasallo pon en apertos a máis dun.
Eu prefiro a sinxeleza, a elegancia e sobre todo que a peza escollida teña longa vida. ¡Nada de gardar no armario, para non usalo mais!
Con estes argumentos, supoño que entenderedes porque me gusta tanto a elección que fixo Melania.

mono-azabala-Melania

Mono AZabala: actual, elegante, cómodo e reutilizable.


Frida Kalho Rapaza Ela Diz ?

Está claro que nunca teremos o pracer de ter a Frida Kalho en Ela Diz, pero se que tivemos ao seu dobre.
Iso é o que pensei en canto Eugenia entrou pola porta. De Bos Aires, guapa con clase e encantadora con mono da deseñadora AZabala.

Imagen
Un saúdo aos dous, espero que gozásedes do voso periplo pola Peninsula e xa me diredes que vos pareceron os Castelos de Sintra. Bicos


Amaia Zabala triunfa en Kutxa Kultur Lana

Esta fin de semana a deseñadora Amaia Zabala levouse o primeiro premio no III Certame de Novos Deseñadores celebrado no Museo San Telmo de Donostia,  cidade natal da deseñadora.


Un Certame que ano tras ano avanza e tenta dar cabida aos novos deseñadores de todo o pais.


Na imaxe inferior  Amaia no Kutxa Kultur Lana


A continuación algunha das súas propostas

Como ela misma di «ou que máis me gusta facer, e creo que é un punto forte das coleccións, son os abrigos. Traballo moito o patronaje e as distintas capas. Tamén fago drapeados para vestidos e monos. É un contraste entre o fluído e o ríxido dalgunha maneira».
Se vos gusta non tedes máis que acercaros a Ela Diz e probarvos algún dos seus deseños.