Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “moda Santiago de Compostela

Navy

A semana comenza en marino.


Pinceladas

Diferentes tonalidades de azul cunha pincelada de rosa que só  verás de preto.


Espontáneas

Con estas rapazas non necesitamos fotos de estudo! Grazas a todas ❤

Guardar


Salseando

Lembrades De todo un poco, a salsa que bailaban en Dirty Dancing  ? Pois en Compostela estes días  precisamos tamén de todo un pouco: chaqueta, lentes de sol, abrigo e alegría que aínda que faga frío estamos na primavera.

 


Estreamos inverno

Unha das opcións máis frescas deste inverno 16.


Mimetismo

Sen dúbida a bisera perfecta para o look dese día.

gorro-mtm


Inevitablemente

As horas de luz e a calor inflúen enormemente no noso estado de ánimo. Se ademais disto temos en conta que é venres tarde. Pensamos que é o mellor momento para pensar no futuro. Porque inevitablemente choverá.

paraguas M&P


Vermello e negro

Frores vermellas para alegrar o día.

pantalón y levita-elisa cortés y camisa-nice things


2º parte

De novo aproveitamos os encantos da Rúa Nova. Desta volta  con dúas amigas que nos permiten ensinarvos o traballo de diferentes deseñadores.

mono & vestido-azabala-chaqueta-mónica lavandera

mono & vestido-azabala-chaqueta-mónica lavandera3

Con Salomé ao fondo, vestido e mono de AZabala, chaqueta de Mónica Lavandera. Nos pés cuñas de Eferro e sandalias de Miista

mono & vestido-azabala-chaqueta-mónica lavandera1

mono & vestido-azabala-chaqueta-mónica lavandera 2


Estilo para días de chuvia

As que teñen a sorte de ter esta gabardina, seguro que hoxe están tan contentas. Si vos gusta, ainda temos unha aquí cun desconto do 30%.

gabardina-noa noa


Da cama á rúa

Hoxe móstrovos as fotos do blog essentialnice cunha das camisas que podedes atopar en Ela Diz.
Lembrando os pixamas de toda a vida, con un toque oriental parécenos un acerto como sobrecamisa.

Imagen

Imagen

camisa-nice things2

 


Unha boa adquisición

A pesar de ser un vestido deste inverno, parécenos unha boa alternativa para a temperatura destes días.

Imagen


Cor esperanza

O verde é a cor que reflicte a esperanza non? Pois mentres esperamos que escampe e que brille o sol, nada mellor que vestir cun pouco de verde.

Imagen


Aliadas co negro

O negro sempre é unha opción acertada. Neste caso ademais, combinado con tira de pel en ouro vello.

Imagen


De novo en Compostela

Tras uns días de parón, estamos de volta de Paris.

Imagen

Descubrindo novas propostas para o derradeiro inverno, desfrutando  da cidade de día

Imagen

e de noite!

Imagen

Mentres… as Rebaixas continúan á espera dun raio de sol.


ReBaixaS

Despois do atracón de festas…. só faltaban as rebaixas.

Image

O teléfono vermello témolo á vosa disposición, por se aínda hai xente no mundo que non se decatou do inicio das REBAIXAS!!!

Image

Image


O lapis do carpinteiro

O título da estupenda novela de Manuel Rivas sirvenos para anunciarvos que tras a tormenta de onte quedamos sin ordenador.
Ainda con estes pequenos problemas técnicos, esperámosvos hoxe e mañan domingo por si necesitades facer os derradeiros agasallos. As contas as faremos  como se facían antes, con papel e lapis:-)
image


Capas

Mónica Lavandera mistura o algodón e a seda o negro e o morado en este vestido de Edición Limitada e Numerada.
image


Eu xa teño plan!

Agora que se achega o fin de semana, as ceas de empresas, de amigos, as ceas en familia que vos parece este vestido de Mónica Cordera? Edición Limitada e feita en Galicia!

Image


Unha aposta vencedora

O branco e o negro sempre son unha aposta segura. Se ademais de combinar estas cores o fas con pezas de dous novos talentos, o resultado e o siguente.

Imagen

Na imaxe camisa de seda con transparencias en brazos e escote de María Roch con pantalón estampado de Mónica Cordera, encántanos!


Cineeuropa

Cineeuropa
O mes de novembro en Compostela, sempre vai asociado a Cineeuropa. Este ano celebran a súa 27º edición e nós un escaparate para celebralo xunto a  eles.

Imagen

Quero agradecer aos traballadores do Teatro Principal, por darnos tantas facilidades.
A Paula Sande, por axudarnos como sempre, grazas chuli:-)
Araceli Gonda e Jorge Coira, por cedernos as claquetas, cintas de negativos… e mesmo un Mestre Mateo!

Imagen

Imagen

escaparate ropa-cineeurpa 2


Ancares ou Courel

Aínda que eu son máis de praia, un fin de semana polos Ancares ou no Corurel non estaría mal para un destes días.

Imagen

Imagen

Imagen

Fauna, vexetación, aventura, relax… unha infinidade de posibilidades.

Imagen

Imagen

Se o teu son os paseos tranquilos, sempre podes facer unhas boas fotos, recoller cogomelos, castañas ou colleitar plantas aromáticas.

Imagen

camiseta-emes

camiseta-emes2

E si marchamos para a Ribeira Sacra?


Alegría!!!

Hoxe móstrovos unha combinación de dúas deseñadoras moi diferentes.

Imagen

Vestido de Nerea Lurgain con colar de cadeas XL e amatista de Iomiss. Combinación capaz de alegrar a calquera!

vestido nerea lurgain & collar Iomiss1


Un agasallo desde Portugal

Esta semana estamos de parabén, xa que os nosos veciños Portugueses, tiveron o detalle de convidarnos á Portugal Fashion SS 2014.  4 días e 4 noites que aproveitaremos para ver os desfiles e gozar moito, moito do Porto

Imagen

E falando de Portugal móstrovos novas propostas de Pé de Chumbo, a nosa primeira deseñadora Portuguesa e espero que non a última.

Imagen

Imagen

Desde aquí quero agradecer aos organizadores de Portugal Fashion, en especial a Miguel Preto e Ana Araújo que se encargaron de organizar a nosa estancia, da que vos contaremos pronto moitas cousas.

Imagen