Outra proposta para a primavera
Novas ideas desde noso escaparate
A dereita mono da deseñadora AZabala con colgante de paseloqpase e zocos de Elena Ferro. A esquerda vestido de Nice Things con colgante de Latonta y Larubia e chapeu de papel. De seguido detalle dos diferentes complementos,
Para rematar Artesanía Galega, bolso das Redeiras de Corme e colar de Ana Miguens.
Rosa Rapaza Ela Diz
Ainda que hai uns días que cambiamos de localización, non podo deixar de ensinarvos a Rosa na nosa antiga tenda cun modelo de Nice Things.
Un mono azulón con print verde e que a Rosa lle senta xenial. Grazas guapa;-)
Dúas cores para un mesmo escote
Aproveitando que temos unha mañá sen choiva e máis quente que a destas últimas semanas, viaxamos ainda que sexa virtualmente. Trasladámonos á praia para mostrarvos un xersei con escote nas costas. Un mesmo modelo a elixir en dous tons diferentes.
María Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a María cun vestido dos franceses Mado et les autres coa parte superior gris e detalle de encaixes e a parte inferior con print floral.
María moitas grazas, apertas para ti e as amigas en común! Bicos.
Descontos do 40% e moitas ideas!
Novas propostas desde o escaparate de Ela Diz. Agora cun 40% de desconto.
Vestido longo en cor berenxena combinada con parka mostaza e colgante da serie Tempo.Unha opción para un día de paseo.
Unha opción para aquelas que teñen que gardar as formas no traballo, vestido gris ceñido o corpo cun blazer negro e un divertido colgante para alegrar a xornada.
E para rematar zocos e agasallos divertidos integramente feitos en Galicia.
Teresa Rapaza Ela Diz
Por onde empezamos hoxe… polas xoias ou pola roupa. É igual porque en ambos os casos Teresa é a protagonista do día.
Na imaxe superior, podedes vela cuns bonitos pendentes de Latonta y Larubia, e a continuación cos pantalóns mais coloridos deste inverno de Aguamarina Paris.
Sheila Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Sheila, unha simpática Brasileira cun deseño de Pé de Chumbo, un vestido de punto calado con pescozo alto e unhas mangas cun toque sideral.
Sheila grazas pola divertida sesión de fotos,e spero que non pasásedes moito frío na vosa longa viaxe!
Pilar Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Pilar cun vestido de Aguamarina París. Un éxito absoluto esta tempada. Se vos gusta o estampado tedes a posibilidade de levalo en versión pantalóns campá. Podedes velos na nosa tenda online. Apertas Pilar!
Milagros Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Milagros cunha chaqueta da que non che podes separar estes días de frío. Con petos, azul e verde da firma Nice Things e moita moita la. Grazas Gloria unha aperta!
Novidades no escaparate Ela Diz
Hoxe empezamos o díamostrándovos as novas propostas do noso escaparate.
Un pouco de todo, para as que lles gustan os vestidos e para as que non se separan dos seus pantalóns.
Detalle vestido de Aguamarina Paris con chaqueta Mado et les autres e boina de Céline Robert.
O último en chegar a Ela Diz, camisa con ilustración de maniquies de Mi Clo, da que vos falarei a próxima semana.
Aos pés bolso de Oobuka, maletín de fin de semana Nice Things e zocos de Elena Ferro.
E para rematar, móstrovos a porta de Ela Diz co anuncio do próximo concerto do Crooner Tony Lomba que terá lugar a próxima semana no garito de moda de Compostela, o Kunsthall. e que seguro que é todo un éxito!
Dolores Rapaza Ela Diz
Na imaxe superior podedes ver a Dolores con chaqueta de Nice Things, en cor gris e con peche lateral e escote pico cunha bonita bufanda da firma Oriol en tons grises, laranxa e azuis. Grazas Dores, saúdos para todas!
Paula, Rapaza Ela Diz
O post de hoxe faime, en singular, unha ilusión moi especial.
Na imaxe podedes ver a Paula, que ademais de Rapaza Ela Diz, é amiga, familia e a nosa colaboradora máis fiel e incansable.
Cun mini vestido negro e fuxia do Brasileiro Hoertonn.
Un bico enorme Paula 😉
Xa está aberta a nosa tenda online
Xa vos anunciamos hai unhas semanas a apertura da nosa tenda online. E hoxe por fin, faise realidade o noso soño. Todo isto sería imposible sen a axuda de Paula e Jaime, así que dende aquí, grazas aos dous.
A idea orixinal xurdiu tras a demanda de moitas das nosas clientas, que nos coñeceron tras a súa viaxe a Santiago, de poder comprar os nosos deseños desde os seus lugares de orixe. Outra idea foi a de crear unha sección Outlet onde atopar oportunidades únicas a prezos irresistibles.
COMENTARIOS