Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “moda online santiago de compostela

Yolanda Rapaza Ela Diz

Fai xa uns anos, non vou especificar cantos pero era eu moi noviña cando a miña tía “a viaxeira” regaloume uns pantalóns da súa viaxe a Exipto. Desde o primeiro momento lembráronme a este vestido de Nice Things.

Imagen
Na imaxe podedes ver a Yolanda co vestido en tons  verdes con print de paxaros en azul e cintas rosas na cintura. Apertas aos dous e grazas por todo!


Olalla Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Olalla cun vestido de Nice Things, longo, en ton berenjena con print floral e petos. Todo un acerto en estilo e comodidade. Olalla unha alegría porche cara tras seguir os teus pasos polas redes co voso Picaversos. Bicos

Imagen

Se vos gusta o vestido aínda estades a tempo! só queda un, podédelo ver na nosa tenda online www.eladiz.com


O novo de Scaline

Hoxe móstrovos as últimas novidades chegadas dende Londres e deseñadas por Anne-Sophie.

Vestido con mangas en coiro lavable

Unha rapaza franco-alemá  creadora da marca Scaline.

Camisa viscosa con detalle nos puños
Pezas que reunen calidade de tecidos, cortes modernos, deseños atemporales e moita comodidade.

Blazer de lá  con detalle de coiro nas costas e nos brazos


Sandra Rapaza Ela Diz

Na imaxe superior podedes ver a Sandra cun vestido cor berenjena con sobre-saia da deseñadora Elisa Cortés.  Apertas Sandra


Novas propostas

Hoxe propóñovos un avance da colección de outonoda firma Xerezana Elisa Cortés.

Deseños de cortes básicos, elegantes e atemporales.

Que vos parecen, apetécevos un paseo pola praia?

 


Pepa Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Pepa cun conxunto da firma Mado et lles autres. Un vestido dobre, nude e beige con print de árbore e legging con detalle nos nocellos. Grazas Pepa e apertas para ti e para Chus.


Amigas e Rapazas Ela Diz

Na imaxe superior podedes ver a Stephanie e Mairead con vestidosde Mado et les autres e coma sempre  cos zocos da nosa zoqueira preferida Eferro. Un saúdo e grazas mozas.