Sorteo!!!! Comida que está de Moda
O mes de Setembro empeza cunha bonita colaboración: Comida que está de moda.
e Ela Diz
unímonos para ofrecervos Moda e Comida de Moda.
Por cada 25 € de compra en Ela Diz, participa non sorteo de 3 propostas O Bandullo do Lambón.
Cea Galega para dous
- Viño de Autor Merencio, denominación de Orixe Ribeiro.
- Arroz con zamburiñas, Pescasana, A Pobra do Caramiñal.
- Pate de sardiñas do mar, Vilanova de Arousa.
- Mexillóns en escabeche picantes, Luis Escurís Batalla, A Pobra do Caramiñal.
- Amendoados de Allariz.
- Botella de crema de augardante, Habelas Hailas, Noia
Disfrutar sen apenas cociñar
- Soufflé de canard, Les Landes Francia.
- Cervexa Artesanal Peregrina, Santiago de Compostela.
- Tortilla patacas e boletus listo para cociñar, Vilalba.
- Conservas sardiñas en tomate Jose Gourmet, Portugal.
- DYI arroz con leite sabor chocolate e caramelo, Francia.
Cesta Ecolóxica
- Cervexa Ökokrone, Alemania.
- Arroz cremoso con setas, Portomuiños, Cerceda.
- Cervexa Daas, Bélxica.
- Chocolate ecolóxico con mango, Comercio Xusto.
- Paté ecolóxico vexetal, Allos Alemania.
- Cookies chocolate biolóxicos, Navarra.
O sorteo celebrarase o 5 de outubro, así que tedes tempo para gozar desta interesante proposta.
Un vestido moi didáctico
Os Galegos de Chula, sorprendéronnos cun vestido digno de calquera profesora de xeografía.
Na imaxe Rosa con Europa ás súas costas e con Africa de fronte.Con escote palabra de honra, en seda, de edición limitada e realizado a man. Grazas Rosa,bicos 🙂
Amparo Rapaza Ela Diz
Na imaxe superior Amparo cun vestido dos deseñadores Galegos Chula. Un vestido ao que non lle falta de nada con colar, cinto e bolso e un precioso tutú.
Grazas Amparo, un abrazo
Detalle do cinto e bolso
Detalle do cinto e bolso no vestido de seda da firma Chula
Imelda Rapaza Ela Diz
Hai uns días pasou pola tenda Imelda, unha suíza de vacacións por Galicia e cun gran interese na Moda Galega.
Na imaxe amósovos a Imelda cun deseño de Mónica Cordera, en particular coa súa camiseta con detalle no peito e mangas abullonadas. Xa sabedes a rapaza Asturiana afincada en Galicia, onde realiza todo o seu traballo.
A continuación podedes ver a Imelda cun deseño dos Galegos Chula.
Olga, Rapaza Ela Diz
Hoxe móstrovos un dos vestidos dos deseñadores Galegos Chula .
Podedes ver a Olga cun vestido negro moi pirata, con caveira e un bonito cinto multicolor. Grazas Olga e apertas guapa !
Cecilia, Rapaza Ela Diz
Na imaxe amósovos un dos vestidos dos Galegos Chula.
Detalle da parte traseira do vestido con detalles en patchwork
Vestidos que se caracterizan polos seus orixinais deseños, en seda e feitos a man. Cecilia moitas grazas, espero que o disfrutes.
O vestido Pirata
A xornalista e bloggera Sandra Cuiña hoxe escribe un post no seu blog Yo no soy una it girl cun dos vestidos de Chula e cos preciosos zocos de Elena Ferro.
Ensínovos algunha das súas fotos e se queredes ver máis non tedes máis que visitar o seu blog.
Unha opción100 % Made in Galicia
Luz, Rapaza Ela Diz
Na imaxe amósovos á nosa querida Luz cunha combinación explosiva. Cun vestido da deseñadora Galega Sara Coleman, en cor coral, asimétrico, axustado á cadeira e con volume na parte superior, combinado cunha levita negra en punto de seda da firma Xerezana Elisa Cortés. Bicos, bicos e mais bicos, guapa!
COMENTARIOS