Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “merino wool

Nosa!

A cidade é nosa.


Curiosidades.

Sabiades que a la merino protexe dos raios ultravioletas grazas á queratina que contén?


Vicio cas portas.

Teño un vicio confesable. As portas de madeira ❤

 

vestido-chaqueta-bufanda-porta-rebaixas


Andoriñas

Axiña votan a voar.

echarpe-andoriñas-olula


Merino

Entre o cambio climático, a polución, e o exceso de hixiene o número de alérxicos crece ano tras ano.
Se este é o teu caso e notaches que as pezas de la pícanche, talvez te teñas que pasar ao merino.
As propiedades da la merino veñen dadas pola forma da súa fibra, máis fina que a do resto das las. As pezas realizadas con la merino conseguen:

  • Manter unha temperatura corporal ideal constante.
  • Grazas ás súas propiedades antibacterianas naturais, impiden que o suor se filtre no tecido e provoque malos cheiros.
  • É transpirable.
  • Repele a auga.
  • É suave ao tacto.
  • É 100% ecolóxica e biodegradable.

chaqueta-syntonie3

Neste caso ademais podemos engadir outra característica moi importante. Estas pezas de edición limitada,  están realizadas nun pequeno taller nacional. Afastado da produción en masa e cun acabado artesanal.

chaqueta-syntonie2

chaqueta-syntonie1